O Concello de Mos decide manter suspendida a atividade dos furanchos por mor da COVID-19

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos, integrada polo goberno local e técnicos municipais, acordou esta semana manter pechados os furanchos de maneira temporal. Anunciou tamén a realización de "tests de saliva" entre os adolescentes mosenses nas farmacias do municipio.

 

 

Na reunión celebrada esta semana pola Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 abordouse a evolución da crise sanitaria no municipio e a actual situación en Mos, con nivel de incidencia medio-baixo, e as medidas que inflúen ao municipio e que son de especial interese para a veciñanza. Entre estas, a limitación da permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes, que entrará en vigor mañá sábado 10 de abril. 

Outra medida de especial relevancia é que se manterá suspendida temporalmente no Concello de Mos a actividade de furanchos. Medida que quedou formalizada por decreto e que se toma en base á situación sanitaria actual, ademais de considerarse que a hostelería precisa nestes intres máis apoio que nunca por atoparse nunha tesitura enormemente delicada. Porén, así se dean avances no proceso de desescalada e se estabilice a situación, a Comisión Municipal de Seguemento volverá a estudar a valorar a posibilidade de apertura dos furanchos. Decisión da que se informará debidamente chegado o momento.

Ademais anunciouse que as 6 farmacias de Mos farán tests de saliva entre os adolescentes para detectar casos positivos de Covid-19. Trátase de todas as farmacias existentes no municipio que comezarán a realizar a proba o próximo luns día 12 de abril. As 6 farmacias mosenses, a de Mos, Puxeiros, Rebullón, Peinador, Sanguiñeda e Pereiras, comezarán o lúns día 12 a relizar o seu cribado para detectar a COVID-19.

Desde as farmacias lembran que os tests poderán ser realizados por mozos de 12 a 17 anos que deberán acudir persoalmente e aportar DNI e tarxeta sanitaria. Ademais, deberase facilitar un teléfono móvil, xa que se o resultado é negativo recibirán un SMS comunicádollo e se é positivo serán citados para PCR. Tamén piden que os interesados en facer a proba non acodan todos o propio luns, senón que o fagan escalonadamente pois haberá tempo de sobra para realizar este cribado. Así mesmo insisten en que non deben achegarse para levar a cabo o test aqueles mozos que teñan síntomas da COVID-19. O procedemento consiste na recollida de saliva na casa, e entrega da mostra na farmacia.

Testar ao maior número de xente posible para detectar canto antes a persoas contaxiadas e illalas. Ese é o obxectivo do SERGAS e da Consellería de Sanidade no que colaboran as farmacias, entre elas as 6 farmacias mosenses, o 100% das existentes no Concello de Mos, polo que a colaboración dos/as farmacéuticos/as deste municipio é máxima.

O proceso é sinxelo. As boticas que se uniron á iniciativa terán dispoñibles os kits de saliva para a recollida de mostras, que se lle facilitarán a todos os mozos que voluntariamente queiran participar. Esta proba está dirixida ás persoas de entre 12 – 17  anos con tarxeta sanitaria. A iniciativa non está contemplada para persoas con síntomas, só para asintomáticos.

Aqueles cidadáns que cumpran os requisitos pódense dirixir a unha das farmacias adheridas. O farmacéutico daralle un tubo que leva un código de barras. A mostra deberase recoller á primeira hora da mañá, en xaxún e antes de lavarse os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas. O farmacéutico será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema, tamén lle pedirá o número do teléfono ao paciente. A distribución farmacéutica levarao ao laboratorio. Se o resultado é negativo, a persoa recibirá un SMS no móbil, pero se é positivo citaráselle para facer unha PCR nasofaríngea.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete