O Concello de Mos anuncia o remate das obras de instalación do saneamento na estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño "en dúas semanas"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello anuncia o fin dos traballos no tramo Alto de Barreiro-Santiaguiño en dúas semanas, e continuarán na estrada Peinador-Os Valos para poder cumprir o obxectivo de cubrir as necesidades de "26 casas e 100 veciños".

 

O Concello de Mos anunciou onte de que a obra de acometida de rede de saneamento na parroquia de Louredo, concretamente na estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño, que comezara o pasado 24 de marzo, atópase xa na metade da súa execución e ten previsto o remate para dentro de dúas semanas, aproximadamente.

Esta obra de instalación de rede de saneamento en Louredo súmase ás de Pardellas e Camiño da Ponte (xa rematadas) e as de Crasto, na Parroquia de Guizán, e estrada Peinador-Os Valos (tamén parroquia de Louredo) que se acometerán a continuación da de Alto de Barreiro-Santiaguiño. Todas elas estanse a realizar desde o Concello de Mos con cargo ao Plan Concellos 2020 e prevese que estean finalizados na súa totalidade antes do vindeiro verán.

Na parroquia de Louredo, mediante os traballos que se están a acometer nestes intres na estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño en Louredo máis os que a continuación se realizarán na estrada Peinador-Os Valos, instalaranse 1.026,93 metros de tubería e darase servizo a 26 vivendas e 100 habitantes. Mediante as obras de acometida da rede de saneamento no Camiño do Monte de Pardellas na parroquia de Cela, que xa se atopan rematadas, instaláronse un total de 467,97 metros de tubería e deuse servizo a 20 vivendas e 72 habitantes. E en Guizán entre o Camiño do Crasto e o Camiño da Ponte (xa realizado) instálanse 1.067,18 metros de tubería e dase servizo a 27 vivendas e 88 habitantes. En total poderán conectarse ao saneamento 73 vivendas e 260 habitantes das tres parroquias. 

Trátase dun proxecto de ampliación da rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo, Guizán e Cela e, suman entre as tres parroquias un orzamento de 249.688,42 euros. O prazo estimado da execución das obras é de 3 meses para cada un dos colectores que se proxectan, incluído o estudo e preparación das mesmas.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete