Tui recicla un 50% máis de aceite de cociña usado

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os tudenses reciclaron un total de 7.185 kg de aceite entre todos os contenedores distribuidos polo termo municipal

 

 

No ano 2020 recicláronse en Tui, nos 25 contedores distribuídos ao longo do termo municipal, 7.185 kg de aceite de cociña usado. Este residuo no caso de non reciclarse tería contaminado 7.903.500 l de auga. En concreto produciuse un incremento de máis do 50% con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando se reciclaron 3.626 quilos de aceite de cociña usado.

O contedor no que máis aceite se recolleu foi o situado na Avenida da Concordia con 730 l, e en segundo lugar o da rúa Maristas, a carón da Praza de Abastos, con 710 l recollidos durante todo o ano 2020. O terceiro punto no que máis aceite de cociña usado se recolleu foi o da rúa Rosa Bahamonde con 540 l.

Na web municipal, no apartado de Medio Ambiente, pode consultarse o mapa coa localización dos 25 contedores situados tanto no centro urbano coma nas parroquias.

Dende o concello de Tui apóstase pola recollida selectiva dos distintos tipos de lixo. Amais dos contedores para a recollida de aceite de cociña usado, hai tamén, en convenio con Cáritas, contedores para depositar roupa e calzado usado. Na praza de Abastos e na entrada do Punto Limpo hai dous contedores para a recollida de tapóns de plástico en colaboración coa asociación Taporelmun.

Ao longo do último ano o Concello de Tui ten incrementado o número de contedores destinados tanto á recollida de envases coma de papel e cartón.  A isto engádese o Plan Municipal de Compostaxe cunha aposta pola recollida dos restos orgánicos tanto en composteiros individuais coma nos composteiros comunitarios.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete