A Axencia de Colocación de Mos e a escola EuRural ofrecerán unha nova formación gratuita para todos os mosenses

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase do curso de ‘Elaboración artesanal de ungüentos naturais’ do programa ‘Coas mans na masa’, dirixido a formar e informar á poboación xeral e traballadores e colectivos sociais implicados no rural. O Concello de Mos destaca o labor da Axencia de Colocación en termos de promoción do emprego.

 

A Axencia de Colocación do Concello de Mos acolle unha nova acción formativa da Escola Eurural. Aínda está aberta a inscrición para o curso de ‘Elaboración artesanal de ungüentos naturais’ do programa ‘Coas mans na masa’. 

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha unha nova edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo organizado ao abeiro da Escola Eurural que ten por obxectivo achegar valor engadido a produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima do territorio en produtos de gran calidade e á súa conservación para a posterior comercialización. Nesta cuarta edición regresa o curso de elaboración artesanal de ungüentos naturais, dando así a oportunidade a todos os concellos do GDR 14 de desfrutar de actividades que sempre contan cunha alta demanda por parte da poboación. 

No seu caso, o concello de Mos acolle os vindeiros 19 e 20 de abril a acción formativa sobre a ‘Elaboración artesanal de ungüentos naturais’, na que as persoas interesadas poderán aprender a crear cremas, pinturas, aceites e outros produtos con recursos naturais tamén presentes na contorna.

As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web de Eurural. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas de forma presencial e con todas as medidas de seguridade necesarias para garantir a saúde de todas as persoas participantes. Haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso e non poderán realizar a actividade quenes non se teñan inscrito previamente e se lles confirmara a dispoñibilidade de praza por parte de Eurural.

O programa ‘Coas mans na masa’ nace ao abeiro da Escola Eurural, creada en 2017 como ferramenta para canalizar todas as accións formativas que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural organiza no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Mos, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa da AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio, recolle a aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación.

O labor da Axencia de Colocación

O pasado mes de marzo foi "moi especial" para o Programa Integrado de Emprego promovido polo Concello de Mos. Un grupo de 20 persoas participou nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos nunha formación práctica de técnicas de busca activa de emprego. 

Durante varios días, responsables de recursos humanos de diversas empresas e sectores desvelaron as claves dos procesos de selección das súas empresas ao tempo que aplicaron probas de selección e entrevistan aos participantes.

O programa impartido durante esta acción formativa estivo composto por 4 temas: o recrutamento, onde buscar, as probas de selección e a entrevista. Os participantes realizaron entrevistas nos roles de entrevistados e entrevistadores. Durante a realización das entrevistas foron gravados para poder verse a sí mesmos despois e facerlles conscientes da información que achegan e as sensacións que transmiten.

O VI Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. 2020-21 prolongarase ata o 8 de novembro de 2021, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, polo que o Concello asume o importe non subvencionado. Esta é a sexta edición do programa Mos 3.0., iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados anteriores. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido de 45%.

O Programa do ano 2020 estivo marcado pola actual situación de crise xerada pola COVID-19, e neste ano 2021 a situación desta crise non mellorou, polo que o desenvolvemento deste VI Programa Integrado de Emprego está marcado por accións adaptadas a esta situación, fomentándose na medida do posible actuacións que permitan que os participantes poidan en todo momento estar atendidos e participar tanto presencialmente como de forma non presencial, nas mellores condicións.

Os obxectivos do programa son a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes. Participan no programa, 32 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, e 68 persoas dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas; persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI); mulleres desempregadas; persoas desempregadas de longa duración. A porcentaxe de menores de 30 anos (con cualificación e sen cualificación) que se interesaron polo programa foi importante (o 53%).

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete