Mañá xoves en Tui San Telmo cultural con Paco Nogueiras, Butaca Zero e Barafunda

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Están xa esgotadas as entradas para o espectáculo “Brinca Vai” na carpa, pero quedan aínda dispoñibles para “32m2” no Teatro Municipal

 

 

Dentro da programación cultural de San Telmo, mañá xoves 8 de abril, a primeira cita do día será ás 17.00 h no Paseo da Corredoira, co pasarrúas que realizará Barafaunda Animación co espectáculo “3 Pompeiras”, unha divertida animación chea de maxia e ilusión, que volverá actuar ás 19.00  h.

Xa na carpa que se instalou na Corredoira, ás 18.00 h actuará Paco Nogueiras co espectáculo “Brinca Vai”, lamentablemente unha actuación para a que xa non quedan entradas dispoñibles. O músico e actor Paco Nogueiras combina música, animación e interpretación nun espectáculo no que combina cancións, animación e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. O público asistente vivirá unha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións.

Ás 20 h no Teatro Municipal é a quenda de Butaca Zero con “32m2”. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os ideadores, creadores, produtores e directoresdesta peza na que reflexionan sobre o confinamento partindo da experiencia propia. Sobre o escenario estarán Xurxo Cortázar e Nuria Gullón interpretando a Mar e Xan, a parella protagonista desta traxicomedia, que viven no seu pisiño de 32m². O aforo está limitado a 180 butacas. As localidades deben reservarse en tui.gal.

Na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, pódese a exposición “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.Recupérase así esta mostra que formou parte das festas de San Telmo de 1934.

Programación de Actividades de San Telmo 2021

Do 7 ao 12 de abril

  • Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”

Xoves 8

  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas BARAFUNDA “3 Pompeiras”

  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”

  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas BARAFUNDA “3 Pompeiras”

  • Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete