Un programa monográfico resolverá as dúbidas da cidadanía tudense sobre as axudas para vivenda

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Terá lugar este xoves de 12.30 a 13 h a través da Radio Municipal de Tui coa participación da técnica da Área de Rehabilitación.

 

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui informa e asesora na solicitude de axudas relacionadas coa vivenda que se convocan ao longo do ano. Nestes momentos son varias as convocatorias abertas e a demanda de información está a ser moi alta. Nestes momentos debido as restricións derivadas da actual situación de pandemia non é posible atender presencialmente a toda a cidadanía interesada nestas axudas. É por isto que dende a concellería de Patrimonio, en colaboración coa Radio Municipal de Tui, vaise realizar un programa especial a monográfico este xoves, de 12.30 a 13.30 h, na emisora municipal para poder responder as todas as dúbidas e preguntas que poida ter a cidadanía sobre as convocatorias abertas. Así as cuestións poderán ser plantexadas en directo a través do 986 60 70 55, ou previamente enviadas por Whastapp ao 664 06 12 00.

Nestes momentos está aberto até finais de mes o prazo de solicitude das axudas para o alugamento de vivenda tanto para menores de 35 anos, coma para maiores desta idade. Por outra até o 1 de setembro está aberta a convocatoria de axudas para a adquisición de vivenda no conxunto histórico de Tui. E tamén está aberto o prazo de solicitude de axudas para obras de rehabilitación, melloras de eficiencia enerxética e accesibilidade en vivendas construídas con anterioridade a 1996 en todo o termo municipal. O resumo destas axudas pódese consultar na web municipal no apartado de Patrimonio ou recoller impreso na casa do concello.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete