A Xunta inicia as expropiacións para a ampliación de San Paio de Navia ás que destinará 14,5 millóns de euros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá este futuro ámbito residencial

 

 

 

- O DOG publica hoxe a resolución pola que se someten a información pública polo prazo dun mes

- Ángeles Vázquez salienta que se prevén construír 1.600 vivendas de protección pública nun total de 265.000 metros cadrados

- Lembra que o Instituto Galego de Vivenda e Solo traballa de xeito paralelo no proxecto de urbanización da totalidade do ámbito, que se prevé presentar este mes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que a Xunta de Galicia inicia hoxe o proceso de expropiacións para a ampliación de San Paio de Navia, en Vigo, ao que se destinarán 14,5 millóns de euros.

“É un día importante e transcendental para esta cidade”, subliñou a conselleira nunha visita a este ámbito residencial, engadindo que se trata dun “paso decisivo” para incrementar o número de vivendas públicas no concello.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se inicia o proceso de información pública dos proxectos de expropiación, que durará un mes. En total, adquiriranse preto de 120.000 m 2 , para dispoñer así da totalidade dos terreos —265.000 m 2 — nos que se prevé construír 1.600 vivendas de protección pública.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, a expropiación dos terreos implica adquirir 202 parcelas nos tres polígonos nos que se divide a ampliación do plan parcial —aprobado o pasado verán— e que, tras a súa urbanización, estarán en condicións para construír novas vivendas para as familias, os mozos e os colectivos que precisan de máis  oportunidades.

Así mesmo, lembrou que a Xunta traballa de xeito paralelo no proxecto de urbanización da totalidade do ámbito que, coa previsión de presentalo este mes, deberá contar co visto e prace do Concello para poder iniciar a comercialización do solo e, en consecuencia, a construción das vivendas. “Agardamos que o Concello lle dea  prioridade a aprobación desta urbanización e, polo tanto, que sexa unha realidade máis pronto que tarde”, abundou.

A ampliación de San Paio de Navia, na que se prevé un investimento total duns 250 millóns de euros, tradúcese en urbanizar un total de 265.000 m 2 , dos cales máis de 24.000 serán destinados a equipamentos públicos e outros tantos a zonas verdes. Ademais das 1.600 vivendas previstas, tamén se definirán unhas 1.200 prazas de  aparcadoiro e un carril bici de máis de 2 quilómetros.

Por último, Ángeles Vázquez subliñou que esta folla de ruta clara e definida é unha mostra da aposta decidida do Goberno galego para incrementar a oferta de vivenda protexida en Vigo, a cidade galega con maior demanda residencial.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete