Salceda de Caselas endurece os controis covid

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Guardia Civil realizou máis dunha ducia de denuncias por consumo de tabaco sen distancia de seguridade ou por non usar a máscara protectora

 

 

En Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos de coronavirus dende o pasado 23 de marzo, nos últimos días viu intensificados os controis COVID pola Garda Civil e Policía Local para poder manter ese excelente dato, reforzando as tarefas de vixiancia no que ás medidas covid se refire; pois co remate da Semana Santa e cos datos nada esperanzadores que chegan e que fan temer unha inminente cuarta onda, faise imprescindible un maior esforzo aínda no cumprimento da normativa.

Deste xeito, nos últimos días lévanse tramitado diferentes denuncias por consumo de tabaco sen gardar a distancia de seguridade, ou por permanecer sen máscara protectora sen xustificación algunha.

En canto ao tabaco, as denuncias céntranse en diferentes terrazas dos establecementos hostaleiros nos que se ten detectado clientela fumando e saltándose a prohibición vixente, así como no mercado semanal dos mércores, onde se teñen detectado tamén diversos incumprimentos neste sentido por parte dalgunhas persoas responsables dos postos de venda ambulante.

No que se refire ao uso da máscara protectora, tamén nos últimos días se levan realizado diversas denuncias a persoas que circulaban pola vía pública sen a correspondente máscara, ou levándoa baixo o queixo, así como a xente que permanecía nas terrazas da hostalería sen facer uso da máscara a pesares de non estar consumindo.

Dende o Concello de Salceda, a través das redes sociais oficiais, infórmase permanentemente dos casos activos no municipio, incidindo na importancia do cumprimento das medidas covid como único xeito de manter a cero o contador dos casos activos.

A concelleira de Seguridade, Lucía Pereira, explicou que “as forzas de seguridade están a intensificar o control e a vixiancia do cumprimento das normas, pois é o único xeito de garantir a seguridade da veciñanza e de manter estes datos positivos”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete