Remata o Pleno pendente do día 31 coa asistencia de só 7 concelleiros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Pleno Municipal aprobou o plan de axudas “Porriño Impulsa 2021” e elixíu  a nova concesionaria da piscina municipal cos votos de PSOE, BNG e UDDL

 

 

O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, acéptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.

O acordo tomouse esta tarde pleno municipal ordinario de marzo, na sesión retomada no punto no que se suspendeu o pasado mércores. Votaron a favor os sete concelleiros presentes hoxe, 4 do PSOE, 2 do BNG e Manuel Carrera, de UDDL. Non acudiron os concelleiros dos restantes grupos municipais.

A alcaldesa Eva García explicou que a convocatoria respondía ao principio de “unidade de acto” recollido na lexislación municipal vixente e polo tanto a sesión retomábase e rematábase hoxe. “É o mesmo pleno coa mesma orde do día que se celebra en dúas sesións. Non hai nin nulidade, nin ilegalidade nesta convocatoria”, rematou a alcaldesa que citou que “tamén ese é o criterio” do secretario xeral do Concello, Eduardo Portela.

Lembremos que na primeira parte deste pleno, tomáronse dous acordos salientables e ambos por unanimidade dos 17 concelleiros da corporación. Deste xeito acordouse que o Concello do Porriño habilite a liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid, cunha asignación total de 140.000 €.  O plan, chamado "Porriño Impulsa 2021" está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual.

Tamén foi aprobada por unanimidade unha modificación do orzamento por unha cantidade de 108.000 € para afrontar as achegas municipais, a varios programas de contratación de persoal subvencionado, que suporán a creación de 196 postos de traballo.

Tamén na primeira deste pleno tomou posesión como nova concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Ascensión Rosario Costas que cubre a vacante deixada por Ana María Paradela.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete