A programación Cultural de San Telmo en Tui enche as rúas de acrobacias e cine

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Mañá ás 17.00 h e as 19.00 h pasarrúas no Paseo da Corredoira; espectáculo de "Lila Star" ás 18.00 h na carpa;  ás 19.00 h na Sala de Exposicións Municipal, inaugúrase “Estampas anagrámicas”; e ás 20.00 h proxección de "Ons" no Teatro Municipal

 

Mañá mércores, 7 de abril, comeza a programación cultural de San Telmo. A programación prevista comezará ás 17.00 h, no Paseo da Corredoira co primeiro pase do pasarrúas que realizará Asacocirco co espectáculo “De Frac”, segundo pase ás 19.00 h.

Xa na carpa que se instalou na Corredoira, con capacidade para 120 persoas, actuará Pista Castro ás 18 h co espectáculo “Lila Star”. As entradas poden reservarse gratuitamente en tui.gal, e aquelas non validadas 10 minutos antes do inicio poderán ser reasignadas. A artista Beatriz Rubio presenta un espectáculo circense con múltiples acrobacias para toda a familia.

Ás 19.00 h na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, inaugurarase a exposición “Estampas anagrámicas" de Rafael García Sánchez. Recupérase así esta mostra que formou parte das festas de San Telmo de 1934. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto aos membros da corporación municipal.

Ás 20 h a cita será no Teatro Municipal coa proxección da película “Ons” de Alfonso Zarauza. Está interpretada por Melania Cruz, Antonio Durán, Xulio Abonjo, Anaël Snoek e Marta Lado. Un filme que transcorre na illa de Ons onde recala un matrimonio para pasar o verán, pero a estancia alóngase e comezan a aflorar segredos gardados.  Está nomeada a 13 premios Mestre Mateo. O aforo está limitado a 180 butacas e as localidades deben reservarse en tui.gal, e no caso de non ser validadas 10 minutos antes do inicio, poderán ser reasignadas. 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete