ACIPOR e AHOSPOR non se poñen dacordo nas porcentaxes das axudas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Asociación de Comerciantes non está dacordo coa porcentaxe que defenden os hosteleiros dun 75% para hostelería e un 25% para o resto dos sectores

A Asociación de Hostaleiros defende que nas axudas sacadas en 2020, a hostalería recibíu 24.500 € de axudas o que supuso un 30%, e 60.000 € o 70%, foron para autónomos e comercio

 

 

Tras a polémica suscitada polas axudas municipáis á recuperación dos sectores comercial, hostaleiro e de servizos do Porriño, entre a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR- e a Asociación de Hostaleiros do Porriño -AHOSPOR-, ambas asociacións non conclúen en acordo.

Por un lado, ACIPOR "lamenta o malestar da hostelería pero quere aclarar que o comercio do Porriño e o sector servizos (perruquerías, estéticas, axencias, taxis, etc), a pesar de non ter as portas pechadas, debido aos peches permitráis e a cancelación de eventos sociais, viron moi reducidos os seus ingresos; pero os custes de funcionamento non se reduxeron en paralelo á merma de  ingresos e non así os gastos, pois todo o mundo pode entender que manter a actividade supón custos elevados. Ademáis, xusto por manter as portas abertas, o comercio non pode optar a axudas dos que tiveron que pechar, como as que vai outorgar a Xunta de Galicia ao sector da Hostalería. Ter a porta aberta non é sinónimo de ganancia. Entendemos que o sector da hostelería ten que defender aos seus integrantes, pero non debemos esquencer ao resto dos sectores, polo que o porcentaxe que defenden os hosteleiros dun 75% para hostelería e un 25% para o resto dos sectores (servizos, comercio e autónomos) non é defendible e é un desprecio para o sector comercial".

Dende AHOSPOR  consideran que "si a única vía de negociación que sabe promover ACIPOR, é a de restar a porcentaxe de axuda da partida de hostalería, nos non somos quen para impedirllo", pero destacan que "na primeira tanda de axudas sacadas en 2020, a hostalería recibíu 24.500 € de axudas, o que supuso un 30% para hostalería; e 60.000 €, o 70%,  foron para autónomos e comercio. Nós non nos opoñemos, a pesares de ser os impulsores de ditas axudas".

ACIPOR quere aclarar tamén a asociación de hosteleiros que a axuda de 10.000 € para eventos gastronómicos que recibe do Concello, sempre se adican a promover a hostelería, pero é necesario aclarar para non confundir aos cidadáns, que nesta ocasión ese diñeiro e o de outros eventos foron adicados polo Concello ás axudas para os autónomos, dado que se cancelaron no 2020, polo que non foron só para o comercio senón que beneficiaron a todos os sectores.

Neste senso, o presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández, destaca que "a Asociación de Hostaleiros recibe 0 € de axudas do Concello, mentras que ACIPOR recibe máis de 20.000 € de axudas municipais directas, creo que con este dato queda claro que non podemos facer moito nas negociacións, xa que á vista queda a desventaxa" .

Pola súa banda, ACIPOR quere incidir en que "non pretendemos polemizar ao respecto das axudas e estamos dispostos a chegar a un acordo, pero a hostalería é unha parte máis da economía local do Porriño, xunto ao comercio e servizos, e non a que xenera máis empregos, por iso pedimos sentidiño"

Así mesmo AHOSPOR quere recalcar "o noso apoio a todos os sectores e comerciantes do Porriño e, a pesares de ser sen duda o sector máis perxudicado e de levar máis de 4 meses pechados por Decreto, xunto a 2 meses máis só con terraza ao 50%, non nos queda outra que seguir adiante como podamos".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete