O servizo de Igualdade e Xuventude de Mos invita á creatividade de TikTok

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A iniciativa “Mos pola igualdade” crea este certame que insta á cidadanía á creación de vídeos nesta rede social tan empregada pola xuventude

 

 

As concellerías de Igualdade e Xuventude do Concello de Mos, presentan “Mos pola igualdade”, un certame que ao redor do hashtag #Mosporlaigualdad, recopilará vídeos na rede social TikTok para concienciar e loitar pola igualdade de xénero e en oposición ao machismo.

O certame forma parte dos actos realizados ao redor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e para participar non é necesario dispoñer de equipos profesionais "bastará cun móbil… e unha boa historia que contar!" Formar parte do certame é tan sinxelo como subir un vídeo á plataforma Tik Tok co hashtag do concurso e encher o seguinte formulario de inscrición (onde tamén se poden consultar as bases).

A temática do certame será todo o que concerne á loita pola igualdade de xénero -igualdade no deporte, en oportunidades laborais, en tarefas domésticas, denuncia de relacións tóxicas, oposición ao machismo, empoderamento, detección de micromachismos, loita contra a violencia de xénero...-. A duración máxima dos vídeos será de 60 segundos, e pódense utilizar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social TikTok.

O obxecto da convocatoria é o estímulo da capacidade creativa da cidadanía da localidade á vez que se potencia a reflexión e a concienciación pola igualdade de xénero. Escolleuse a plataforma Tik Tok pola súa alta penetración nos estratos máis novos da sociedade e pola facilidade de creación audiovisual que proporciona.

O certame conta con dous premios, un primeiro premio dotado con 200 € e un segundo premio dotado con 100 €. A data límite para a inscrición é o 12 de marzo e os gañadores daranse a coñecer o 16 de marzo. A iniciativa atópase encadrada dentro do proxecto nacional “Rodando pola igualdade”, que aglutinará numerosos certames locais similares con temática de igualdade de xénero, que sumarán forzas no obxectivo común da concienciación pola igualdade e a loita contra o machismo. As obras gañadoras de cada certame local competirán entre elas para dirimir cal é a mellor obra a nivel nacional, premio cunha dotación económica de 500 € que se dará a coñecer o 25 de marzo.

Para optar aos premios é necesario seguir estes dous pasos:

1. Sube o teu vídeo a Tik Tok cos hashtags #Mosporlaigualdad e #rodandoporlaigualdad. É imprescindible que a túa conta sexa pública (de ser privada non poderíamos ver o teu vídeo).

2. Enche o seguinte formulario de inscrición

https://www.mos.es/inscricion-e-bases-mos-pola-igualdade-certame-tiktok

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete