O Concello, a Casa de Cultura e Xulgado de Salvaterra cambian as súas caldeiras á biomasa

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Administración Local informa do comezo das obras financiadas nun 80% por fondos FEDER e dentro do recén aprobado Plan PACES

O custe total da obra ascende a 176.942,10€

 

 

O Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración, a mediados do ano 2019, para levar a cabo dentro do termo municipal as actuación recollidas no proxecto denominado “Substitución e instalación de caldeiras de biomasa (FEDER – EELL-2019-000559), que conta co financiamento do 80% do FEDER a través da convocatoria de axudas a entidades locais para proxectos singulares que favorezan o paso a unha economía Baixa en carbono do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía no marco do programa operativo Feder de Crecemento Sostible 2014-2020.

A través deste  convenio o Concello de Salvaterra  substituirá as caldeiras existentes na Casa do Concello, Casa de Cultura e Xulgado por Caldeiras de Biomasa, co fin de baixar o consumo en carbono, unha acción que xa viña marcada dentro do recén aprobado Plan PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible) do Concello e que marcará a liña de actuación municipal.

Son tempos nos que calquera xesto a prol de potenciar a enerxía sostible  resulta de vital importancia á hora de reducir a contaminación medioambiental, polo que O Concello de Salvaterra de Miño pretende dar saída e continuidade a este tipo de proxectos, no seu afán de ser un Concello adaptado ás necesidades medioambientais actuáis. Neste caso, o cambio a Biomasa terá unha reducción de  consumo  eléctrico en cada unha das instalacións modificadas de máis de un 30%.

O total da obra ascende a 176.942,10 €, dos cales 141.553,68 € están cofinanciados por fondos FEDER; 17.694,21 €, pola Deputación de Pontevedra; e 17.694,21 € polo Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos.