Solicitan a Sanidade maior prazo de descarga de códigos QR para a hostalería

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa solicitou ao conselleiro de Sanidade,  no nome da hostalería porriñesa, unha ampliación do prazo para o "Plan de Hostalería Segura"

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García, dirixiu onte á mañá unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instándolle a considerar que a Xunta de Galicia amplíe o prazo para formalizar os trámites necesarios para o "Plan de Hostalería Segura".

A hostalería porriñesa, representada polo presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, trasladou onte nunha reunión coa concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, e axentes da policía local, "a nosa preocupación polo colapso da páxina web de Turespazo para obter os códigos QR, cuxo prazo rematou esta media noite ".

En consecuencia, a alcaldesa decidiu instar por carta ao titular da Consellería de Sanidade que "permita a ampliación do devandito prazo para dar tempo para formalizar todas as solicitudes dos hostaleiros do Porriño, á vista da inquedanza xerada entre os autónomos pola posibilidade de non poder cumprir coa normativa por motivos alleos ao seu control ", segundo indicaba a carta de García de la Torre.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete