A Secretaría Xeral de Igualdade e o CERMI Galicia visibilizan ás mulleres con discapacidade e coidadoras

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O encontro online contou co testemuño de coidadoras de persoas con discapacidade, nais con discapacidade e mulleres con fillos con discapacidade que deron voz a este colectivo invisibilizado socialmente.

 

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e o presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández, presentaron a xornada “Mulleres con discapacidade coidadoras” organizada pola Comisión de Muller do CERMI galego. 

Durante a súa intervención, o presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández deu a benvida a tódalas asistentes e agradeceu á Secretaria Xeral de Igualdade Susana Lopez Abella a súa permanente interlocución coa Comisión do CERMI Muller que sempre apoia este tipo de actos. 

Luciano Fernández comezou a súa intervención falando dunha unión que parece inseparable: a de muller e coidados “cando falamos de mulleres e coidados parece que estes dous conceptos foran sempre unidos, como se fose un rol que ven predeterminado para tódalas mulleres, e que debera ser aceptado sen máis. Imaxinade entón cando falamos das mulleres coidadoras con discapacidade. Nestes casos, o rol de coidadora tórnase aínda máis complexo, e condena á muller a una dobre discriminación”.

Neste sentido, o presidente do CERMI galego quixo resaltar a necesidade de que haxa vontade para cambiar esta realidade “podemos falar de que existen ferramentas legáis que poden tratar de cambiar esta situación, pero por moitas ferramentas que poñamos, se non hai vontade de cambiar é moi difícil que a situación mellore”.

Antes de rematar a súa intervención, Luciano Fernández puxo o acento sobre a anomalía que supón que sexa un home o que se dirixa a un foro tan específico “ponse aquí de manifesto que a muller aínda non acadou as cotas necesarias de representación, especialmente en cargos directivos. Considero que esto é unha anomalía, e espero que poda correxirse pronto”. A súa quenda rematou cunha chamamento a que tódalas administracións, poderes públicos e sociedade apoien as medidas necesarias para que a situación de mulleres e nenas con discapacidade cambie radicalmente”.

Pola súa banda, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, incidiu na necesidade de actualizar o último informe elaborado polo Consello Galego das Mulleres dedicado precisamente á muller con discapacidade, “en pouco tempo, o informe quedou obsoleto, e debemos levalo novamente ao Consello Galego para actualizado, pois neste informe fálase das mulleres e das nenas; da necesidade de empoderalas, de formalas, de darlles acceso en igualdade de oportunidades ao ámbito de educativo….  pero hoxe traedes aquí un tema que estaba invisibilizado: as mulleres con discapacidade coidadoras. Temos un reto por diante, pero vendo este informe do ano 2015, vexo que nos últimos anos temos avanzado moito, e  polo tanto poñome á vosa disposición para continuar traballando”

Finalmente, López Abella tivo unas palabras para as mulleres do rural “pois se falamos de ámbitos rurais ainda continúan a aumentar estas desigualdades. É fundamental ter un dialogo fluido e constante sobre esta realidade”.

Na mesa seguinte as intervencións de Mulleres Coidadoras quedaron resumidas en 8 ítems básicos que resumen a situación dun colectivo invisibilizado socialmente:

O papel de coidadora segue a recaer sistemáticamente sobre as mulleres.

As mulleres coidadoras vense na obriga de renunciar a un emprego, salario, estudos… a etapa de coidadora dura toda una vida.

É común que estas mulleres perdan a súa vida social e amizades, quedando ailladas. 

4º. Ser coidadora é una profesión non remunerada nin recoñecida. Non ten horarios nin condicións.

5º. En moitos casos, non se entenden (nin se atenden) as queixas das coidadoras, negándose a existencia de depresións, demencias e todo tipo de problemas derivados do traballo de coidadora.

6º. O agotamento da coidadora pode convertirse nunha nova enfermidade. Quen coida á coidadora?

7º. Só recentemente se puxeron en marcha algúns programas de respiro, que son claramente insuficientes.

8º. O traballo das coidadoras a tempo completo supón un impresionante aforro para as Administracións, pois deixan en mans das mulleres a atención domiciliaria. Canto costaría atender nun so día a todas as persoas con discapacidade dependentes que actualmente están a coidar moitas mulleres na casa?

Finalmente, a periodista Isabel Quintairos, quixo rematar facendo un chamamento:

“Hai que coidar ás coidadoras. Hai que relevar ás coidadoras. E algún día, hai que pagar ás coidadoras”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete