Salvaterra rexistra no novo portal de turismo preto de 9.000 visitas en seis meses

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

"Salvaterra de Miño un lugar para disfrutar, un lugar para vivir”

 

 

Fai seis meses o Concello de Salvaterra de Miño presentaba a súa nova páxina de turismo, un portal que buscaba ser unha ventá aberta a todo o territorio, co fin de dar a coñecer toda a potencialidade dos recursos turísticos do municipio.

O Concello presentaba  baixo o slogan,  “Salvaterra de Miño un lugar para disfrutar, un lugar para vivir” a súa nova páxina web de turismo; un espazo dinámico, sinxelo e moi intuitivo que busca ser un escaparate máis de todos os recursos que ofrece este Concello do Sur de Pontevedra. Foi elaborada polo propio persoal da Administración Local, e en tan só 6 meses, recibiu preto de 9.000 visitas.

Salvaterra é unha das zonas máis visitadas do sur de Pontevedra. Só o Parque público A Canuda atrae a miles de visitantes durante todo o ano; unido aos máis de 30 km de sendas verdes polos diferentes ríos do Concello; o Recinto amurallado, o Museo da Ciencia do Viño, a propia maxia que conleva ser unha vila transfronteiriza ou Espazo Termal Lúdico de Teans, fan que Salvaterra de Miño non sexa soamente un Concello estratéxico en termos de turismo, senón que sexa un dos Concellos que máis medra de toda a contorna. 

A súa ubicación estratéxica, o seu clima e a súa calidade de vida fan que día a día sexan máis persoas as que veñen a vivir a este municipio da raia.

A páxina está dividida en tres grandes bloques: Ven, coñece e visita; onde se presentan todos os recursos, a súa gran riqueza cultural, histórica e patrimonial, ademais de dar a coñecer os lugares onde durmir e disfrutar da súa gastronomía.

Disfruta con eles, visítaos en www.turismo.concellodesalvaterra.org

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete