O Porriño presenta “Marzo de sábados teatrais”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A concellería de Cultura co fin de manter viva a cultura teatral trae as nosas pantallas un ciclo de obras online previa inscrición

 

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras.

Nesta ocasión, a concellería de Cultura do Concello do Porriño liderada por Cami Moreira, aposta por unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena da man de Xerpo, chamado “Teatro Confinado”.

Linguaxes e códigos moi distintos entre sí, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online.

O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.

Por primeira vez en Galiza e eiquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, "teatro de Salón” ou “teatro confinado”.

En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira.

GREGOR-E

Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-obra-gregor-e/

“Gregor-e” é a segunda parte de “MetamorfoseS”, unha peza de Xerpo que rodou polos escenarios de toda a península cos seus cables e sensores que daban vida ao programador GregorSamsa, que un fatídico día espertou convertido nun monstruoso… ordenador.

En "Gregor-e”, o personaxe que encarnaÁlexSobrino, esperta como ser humano dixitalizado nun ordenador pensando que aínda está na súa casa, que ten que coller o tren das 8:15h para ir traballar e que ten á súa familia pendente do seu soldo mileurista. A obra transcorre co descubrir de Gregor-e do seu estado actual.

 

#InterferenciaVarada

Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-obra-interferencia-varada/

É posíbel viaxar na realidade espazo-temporal que vivimos. O haiku, os púlsares e máis descubrimentos agárdannos nunha proposta chea de honestidade, poética e asombro.

 

La Teoría de la Pelvis

Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-obra-la-teoria-de-la-pelvis/

Si as capacidades de acción xa se atopaban nun estado de somnolencia, este Estado de Alarma ven a rematar a pouca acción que nos quedaba. Poderíamos dicir que o confinamento supón para “La teoría de la pelvis”, o que supuso a caída da mazá do árbore para Newton.

 

A comuna da Ingrávida

Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-a-comuna-da-ingravida/

Presentación do día mundial do teatro na compañía de artistas convidadas, Mariana Carballal e Tatán de Tanxarina entre outras.

Nesta "zoomtanza" o público asistirá a unha presentación da Comuna da Ingrávida, na que unha por unha, irán presentando e falando coas artistas convidadas e ao final, lerase o Manifesto do Día mundial do Teatro polo ITI -International Theatre Institute- traducido ao galego.

 

“MARZO DE SÁBADOS TEATRAIS”

PEZA TEATRAL

DATA

INSCRICIÓN

HORARIO

GREGOR-E (estrea)

6 de marzo

Do 1 ao 5 de marzo

21:00 h

#InterferenciaVarada

13 de marzo

Do 8 ao 12 de marzo

21:00 h

La Teoría de la Pelvis

20 de marzo

Do 15 ao 19 de marzo

21:00 h

A Comuna da Ingrávida

Día Mundial do Teatro

27 de marzo

Do 22 ao 26 de marzo

21:00 h

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete