O Concello de Salvaterra de Miño estrea deporte online co "Gimnasio TV"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende mañá @s veciñ@s xa se poden rexistrar na plataforma na que poderán disfrutar de distintas disciplinas deportivas guiadas por monitores

 

 

A partires do 4 de Marzo o Concello de Salvaterra de Miño dará acceso a todos os seus veciñ@s a "Gimnasio TV", unha novedosa plataforma de fitness dixital, de xeito gratuito. Desenrolada pola empresa de xestión deportiva Sportmadness, ofrécense clases de Ioga, Baile Activo, Pilates, Ximnasia de Mantemento e Baile con monitores especializados, que estarán dispoñibles 24/7 e en calquera dispositivo con conexión a Internet.

Nunha tempada na que a pandemia obrigou a establecer limitacións na práctica deportiva, a Concellería de Deportes de Salvaterra de Miño aposta por ofrecer unha solución dixital para todos os seus veciños e veciñas, que poida complemetar as súas actividades presenciais.

Asimilando a súa estructura á de plataformas de vídeo como Netflix, Gimnasio TV persegue ofrecer un complemento flexible e de alta calidade ao deporte presencial. Todo iso por medio dunha plataforma sinxela e para tod@s @s habitantes do Concello.

O concelleiro de Deportes de Salvaterra de Miño, Edgar Martínez, explicou que se trata “dunha iniciativa que permitirá loitar fronte os estragos físicos e psicolóxicos derivados da pandemia, dun xeito seguro e guiado, xa que se pode facer dende a casa".

Pola súa parte, o delegado de Sportmadness en Pontevedra, Pablo Goberna, engadía "estamos moi orgullosos de que O Concello de Salvaterra de Miño aposte por Gimnasio TV e así poder axudar na práctica deportiva a todos @s seus veciñ@s".

A Concellería de Deportes de Salvaterra de Miño e Sportmadness xa traballan unidos para dar a coñecer a plataforma no municipio e apoiar a todos os usuarios que queiran comezar a usala. Para que @s vecin@s poidan gozar do servizo, solo teñen que acceder a www.gimnasiotv.com e realizar o seu rexistro.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete