O Concello do Porriño aposta pola creación dunha bolsa de emprego regular

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Estaría enfocada ao sector da automoción local dado o gran número de empresas na zona que se adican á produción de pezas neste ámbito

 

 

O concelleiro de Emprego do Concello do Porriño, David Alonso, está a manter reunións telemáticas con empresas do sector da auto moción con diversas propostas de colaboración que inclúen o establecemento dunha bolsa de emprego regular, en atención ás necesidades do sector da automoción na comarca.

Ao primeiro encontro, asistiron representantes das empresas “Ti Automotive”, “TbsiInjectión”, “Magna Seating” e “Gestamp.”

Os contactos establécense a través do programa “Porriño Accede”, aproveitando a colaboración mutua que manteñen desde fai tempo o Concello, con este sector tan importante na economía local.

“Porriño Accede” é un programa dirixido a persoas desempregadas, que ten como obxectivo proporcionar formación e prácticas en empresas, cara a súa inserción laboral.

Dende o ano 2017, e por quinto ano consecutivo, empresas da automoción e o Concello do Porriño, colaboran con este cometido. A Concellería de Emprego e Formación propuxo un ciclo de reunións virtuais, para tratar cuestións relativas ao Programa, que inclúen  a creación desa bolsa de emprego regular.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete