O Porto de Vigo pecha o ano 2020 cunha suba do 4,14% do tráfico de mercadorías

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O delegado do Goberno en Galiza, Jesús Losada, reúnese co responsábel do Porto de Vigo, Jesus Vazquez Almuíña, exconselleiro de Sanidade até 2020. Losada lembra a posición "estratéxica" do porto na planificación do futuro portuario español como dinamizador da economía viguesa e galega.

 

O delegado do Goberno en Galiza, Javier Losada, analizou onte xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Vázquez Almuíña, a situación atual do Porto olívico a as prespectivas para os vindeiros anos. Losada reivindicou o carácter estratéxico desta infraestrutura para o Goberno de España e lembrou que os Orzamentos Xerais do Estado reservan para a Autoridade Portuaria de Vigo 25,67 millóns de euros para este ano entre as que se inclúe o proxecto Lonxa 4.0, o desenvolvemento da terminal intermodal Ro-Ro e atuacións ferroriviarias asociadas ao Fondo Financeiro de Accesibilidade Terrestre Portuario (FFATP).

Losada mostrou a súa confianza en que o Porto vigués poida recibir parte dos fondos europeos Next Generation cuxa gestión está sendo aínda concretada, segundo a delegación. O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo trasladou ao delegado a intención de presentar a estes fondos a execución de parte da estratexia portuaria Crecemento Axil (Blue Growth) 2021-2027. En concreto, tratríase de 20 proxectos relacionados coa pesca, a tecnoloxía e a industria, cuxo coste estimado ascende aos 246 millóns de euros.

Ao longo do encontro, o primeiro trala toma de posesión do presidente da xestora do porto vigués, o delegado do goberno destacou o bo comportamento do Porto durante o ano 2020, apesar das restricións e dos efectos económicos da pandemia. Así, o tráfico de mercadorías pechou o exercicio cunha suba do 4,14% superando os 4,3 millóns de toneladas movidas; "unha suba que se está consolidando neste 2021, con ascensos de case un 10% no primeiro mes do ano", sinalou.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete