Deputación dá luz verde ás subvencións ao deporte federado

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As axudas da Deputación ascenden aos 600.000 € e se distribuirán por concorrencia competitiva e con criterios obxectivos dirixidos ao deporte de ámbito inferior a nacional e aos clubs de rexional preferente

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puso en valor o compromiso da institución co deporte tras aprobar en Xunta de Goberno as bases para as subvencións para clubs deportivos da provincia sen ánimo de lucro, que participen en competicións federadas de ámbito inferior nacional ou rexional preferente para este 2021. “O noso apoio ao deporte é incuestionable”, recalcou Silva.

As axudas aprobadas ascenden a 600.000 € e a  súa distribución será de 500.000 € para o deporte federado de ámbito inferior ao nacional e os 100.000 € restantes para os clubs de rexional preferente. A presidenta provincial quixo lembrar que a semana pasada a Xunta de Goberno tamén aprobou un investimento de 850.000 € destinado a aqueles clubs deportivos que participan en competicións federadas de ámbito nacional.

Carmela Silva sinalou que as subvencións aprobadas responden a un procedemento de concorrencia competitiva posto que “nós non damos recursos a dedo” e polo tanto, para acadar unha destas subvencións, teranse en conta unha serie de criterios: número de licenzas federativas totais, número de licencias de categoría base ou formativa, número de técnicas ou técnicos e adestradoras ou adestradores, número de licencias femininas e de deporte adaptado. En canto a estes dous últimos criterios a presidenta provincial matizou que “suma puntos apostar porque as mulleres e as persoas con máis dificultades teñan máis recursos”, polo tanto “esta discriminación positiva permite que poidan ter igualdade de oportunidades no eido do deporte”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete