A Deputación acomete obras de emerxencia na EP Mos-Puxeiros para reparar un tramo danado por infiltracións de auga

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A actuación suporá a reposición do muro de contención e o posterior saneamento da calzada cun investimento de preto de 100.000 euros. A estrada Mos-Puxeiros ten un trazado total de 5.665 metros e soporta unha intensidade media diaria duns 3.000 vehículos, do que en torno a un 7% son pesados.

 

A Deputación está a acometer obras de emerxencia para reparar un tramo curvo, situado no Km 3 da estrada provincial EP-26001 Mos-Puxeiros, onde se estaba a producir un afundimento do firme e a afectación do muro de contención. Os traballos, que teñen un custo de 90.750 euros, vanse prolongar durante varias semanas. A Deputación explica que a Inspección dos Servizos Técnicos de Vías e Obras detectou este afundimento, que se agravou durante as choivas do pasado mes de decembro. En actuacións anteriores xa se tiña comprobado que o terraplén sobre o que se asenta a calzada está formado por materiais inadecuados, ademais de constatar a existencia de infiltracións de augas soterradas. A EP-26001 soporta un importante volume de tráfico pesado e, ademais, constatouse que o muro de contención precisaba unha ampliación da súa base para garantir a estabilidade diante destas condicións. A maiores, hai un regato e unha balsa de auga próximas que poderían comprometer este apoio a medio prazo.

As obras céntranse na actualidade na reconstrución completa do muro de contención, sobredimensionando a base e garantindo a súa solidez. Unha vez rematados estes traballos procederase a sanear o carril contrario, onde se tiñan detectado os afundimentos. A maiores, a Deputación deu conta ao Consorcio do Louro para que revise un colector de abastecemento diante da sospeita de que puidera estar a padecer algunha fuga nesta zona.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete