Mos proxecta un percorrido circular de cinco km no Sendeiro dos Muíños de Pereiras

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ampliarase a súa lonxitude e dotarase de sinalización, para o cal os técnicos municipais xa se atopan traballando.

 

Como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19, viuse incrementada a práctica deportiva e de lecer ao aire libre por parte da veciñanza, incluíndo as camiñadas diarias ao aire libre e outras. Por este motivo, desde o Concello de Mos decidiuse mellorar e ampliar unha das rutas peonís máis transitadas e frecuentadas do municipio, o Sendeiro dos Muíños da Salgueira, na parroquia de Pereiras, ampliándoo e converténdoo nunha senda circular de cinco quilómetros de lonxitude. Trátase ademáis dunha importante demanda veciñal da parroquia de Pereiras, moi volcada con este sendeiro e estes muíños que forman parte do seu patrimonio cultural, histórico e etnográfico.

O proxecto da Senda Circular dos Muíños da Salgueira en Pereiras, que xa comezou a ser redactado por técnicos municipais e cuxa acometida se espera poida ser iniciada durante este ano, inclúe entre outra melloras a ampliación da lonxitude do sendeiro, que pasará de pouco máis de dous quilómetros a cinco, sinalización horizontal e vertical e instalación de paneis informativos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete