O Concello de Mos apoia o programa da Xunta para o sector hostaleiro e reclama máis implicación á Deputación

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Mos emite un comunicado onde asegura que participará no "plan de rescate" da Xunta para a hostalaría sen concretar en que constará tal participación. Á vez, recoñece a falta de capacidade da súa propia administración para axudar directamente a este sector e exixe implicación á Deputación.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe que o Concello de Mos participará no segundo "plan de rescate" para hostelería anunciado esta semana polo presidente da Xunta de Galicia, pero reclamando tamén que a Deputación de Pontevedra dea o seguinte paso e se sume. Segundo o Concello, Mos é un municipio no que "o comercio non existe prácticamente", agás comercio de alimentación, mas si hai "moita hostelería". Aseguran que en Mos hai preto de 100 estabelecementos de hostalaría, os cales son uns dos principais afectados polas limitacións económicas impostas por mor da crise sanitaria.

Desde o Concello de Mos anuncian que, de contar co respaldo doutras administración como Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, se unirán a este "plan de rescate". Segundo informan, trataríase dunha especie de “modelo valenciano” no que o Executivo Autonómico achegaría a maior porcentaxe do montante total do investimento, as deputacións a seguinte maior cantidade e o resto, os municipios.

“Sempre dixen que dar axudas municipais directas á hostelería sería imposible ao no dispoñer de recursos suficientes polo que, de darllas, estas serían axudas irrisorias que non lles solucionarían nada. Por iso ata o de agora nos decantamos polas bonificacións e exencións en impostos e taxas municipais. Pero aunar esforzos entre varias administracións, como estamos a plantexar agora, é cousa diferente”, declarou Nidia Arévalo.

A Xunta prevé aprobar este segundo plan en febreiro e nel reduciranse os requisitos para axilizar a tramitación e o pago das axudas. O Goberno galego traballa neste segundo plan de rescate para autónomos, microempresas e hosteleiros, que estará dotado como mínimo con 50 millóns de euros que poderán ser máis, segundo as necesidades. O novo plan de rescate perfilarase nos próximos días na Mesa do Emprego Autónomo e no marco do diálogo social, en contacto con representantes do Clúster do Turismo e das asociacións provinciais.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete