As restricións na hostalaría agravan as condicións de traballo dos transportistas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A limitación horaria na restauración endurece gravemente as condicións de traballo dos transportistas, que difícilmente poderán "manter a súa actividade nestas condicións moito máis tempo", tal como denuncian as federacións galegas de transportistas FETRAM e FEGATRANS-APETAMCOR. Solicitan por terceira vez á Consellería de Sanidade autorizar uns servizos mínimos de restauración para o persoal transportista.

 

Os traballadores e as traballadoras do sector do transporte terrestre de mercadorías denuncian estar "nunha situación límite", ata o punto de que moitos xa están
manifestando que ven preto o momento de parar os seus vehículos. Ao feito de que xa son moitos meses traballando nunhas condicións de extrema precariedade, e baixo a responsabilidade de garantir o abastecemento xeral da poboación no contexto da crise sanitaria pola COVID-19, agora engádese a maior limitación de apertura ao público dos establementos de hostalaría e restauración.

Contrariamente ao que xa acordaron sete Comunidades Autónomas, o Goberno da Xunta de Galicia acordou introducir novas limitacións á mobilidade dende o pasado 15 de xaneiro de 2021, entre as que se incluiu o peche ao público en toda Galicia dos establecementos hostaleiros e de restauración ás 18:00 horas, non establecendo ningún tipo de excepción ou servizos mínimos para os profesionais do transporte, que como é sabido moitos botan toda a semana fóra do seu domicilio tendo que pernoctar no camión ou inclusive traballan en horario nocturno.

Así, moitos profesionais do sector vense na obriga de teren que prestar o seu servizo nunhas condicións de extrema dureza, agravada polo feito de xa seren moitas as semanas nesta situación e a resistencia humana non é ilimitada, percibindo ao mesmo tempo o abandono por parte das autoridades, que se negan a adoptar medidas de axuda, dignificación e protección a un colectivo que segue a ser esencial para garantir o abastecemento xeral da poboación.

As federacións galegas de transportistas FETRAM e FEGATRANS-APETAMCOR, integrantes no Comité Galego de Transportes e que na actualidade agrupan a máis de 1.700 autónomos e autónomas e pemes do transporte de mercadorías por estrada de Galicia, solicitaron esta semana por escrito por terceira vez á Consellería de Sanidade a autorización duns servizos mínimos de restauración para os profesionais do sector, máis alá da limitación horaria xeral establecida verbo da pandemia.

En concreto, a proposta de servizos mínimos para os condutores profesionais trasladada á Consellería de Sanidade, que entenden que aliviaría moito a situación crítica na que neste momento están a desenvolver o seu traballo, evitando un posible conflito por cesamentos na actividade.

A súa proposta inclúe que o establecemento de hostalaría e restauración que desexe prestar servizos mínimos de restauración aos profesionais do transporte alén da limitación horaria que no seu respectivo concello estea establecida pola Autoridade Sanitaria, deberá obrigatoriamente enviar unha comunicación previa ao efecto á Consellería de Sanidade manifestando a súa intención de ofrecer servizos mínimos a condutores profesionais nun horario máis prolongado, especificando o horario prolongado que vai ter e identificando o nome do establecemento e a súa ubicación.

Só se daría en parques empresariais e áreas de servizo fóra de zonas urbanas: os establecementos que desexen prestar eses servizos mínimos, deberán estar ubicados necesariamente en parques empresariais, polígonos industriais ou anexos a áreas de servizo fóra de zonas urbanas. O servizo sería prestado exclusivamente para os profesionais do transporte, e quen desexe facer uso deses servizos mínimos deberán acreditar a súa condición, baixo algún documento que así o acredite (proponse a tarxeta CAP de condutor profesional).

A consumición tería lugar no interior sempre de xeito individual e sentado. Nese horario de servizos mínimos, a consumición en interior deberá realizarse de modo individual e sentado (non en barra), garantindo en todo caso as demais medidas de seguridade contra a COVID-19. Garantiría tamén a escrupulosa limpeza e desinfección dos espezos comúns, fundamentalmente aseos e duchas. Ademáis, o establecemento debería controlar e responsabilizarse en todo momento de que non se produce a agrupación de persoas, nin no interior nin no exterior do establecemento, estando obrigado a comunicar á policía local aquelas prácticas que incumpran este precepto. Inclúen tamén a limitación venda de bebidas alcohólicas. Se a autoridade sanitaria o considera necesario, tamén se podería establecer a prohibición de venda de todas ou deberminadas bebidas alcohólicas a partir dunha determinada hora. 

As federacións profesionais rematan exixindo que dende as institucións públicas non abonda con recoñecer socialmente mediante declaracións institucionais que a actividade do transporte ten a condición de esencial para a poboación nesta pandemia da COVID-19, senón que se deben adoptar medidas a favor de que esta actividade se poida desenvolver nas mellores condicións de saúde, hixiene e dignidade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete