Protección Civil do Porriño atendeu numerosas incidencias esta madrugada

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Voluntarios da agrupación municipal retiraron árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento que se produciron en diversos puntos do municipio

 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño informa que ao longo destes días realizou diversas intervencións para retirar árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento.

A incidencia máis grave ocorreu esta madrugada, ao ser requiridos polo 112 para retirar varias árbores que caeron sobre a Autovía A-55 e provocaron unha colisión en cadea de varios vehículos, afortunadamente sen feridos. Aconteceu no km 22, sentido Tui, na recta do Polígono das Gándaras.

Ademáis, Protección Civil atendeu outros avisos para retirar árbores que caeron en Filgueira-Mosende; Casal do Vello-Torneiros e na PO-331, estrada de Porriño a Gondomar. Tamén acudiron a retirar un poste telefónico en Torneiros; chapas dun galpón en Chenlo e achicaron balsas de auga en varios puntos do casco urbano e no Polígono da Granxa.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete