Ecoloxistas crean un mapa interactivo sobre as árbores do Castro de Vigo para promover a súa defensa

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O mapa recolle case 300 exemplares identificados, permite consultar os nomes das árbores do parque e localizar aqueles exemplares máis destacables e xenlleiros. A organización ecoloxista pretende así poñer en valor as árbores do parque mais urbano da cidade de Vigo, e pide a colaboración cidadá para completar o mapeo, comunicando a ubicación daqueles especímenes todavía non recollidos.

 

Ecoloxistas en Acción destacan o elevadísimo valor ambiental que ten o Castro de Vigo pola súa biodiversidade natural, ademais da grande importancia para a cidade polo valor paixasístico e os servizos ecosistémicos do conxunto árbóreo. O parque é a derradeira illa verde de suficiente tamaño para facer de "pulmón" o centro da cidade. Contén un amplo catálogo de especies de árbores ornamentais de gran valor ecolóxico, histórico e educativo. Por iso, o parque do Castro ten unha gran potencialidade como área para educación ambiental e achegamento dos cidadáns á fauna e flora.

Nos último ano realizáronse tallas de decenas de árbores dentro da execución do proxecto de iluminación da muralla e urbanización da fortaleza. Moitas das tallas se executaron con criterios arbitrarios. Esta eliminación persistente de exemplares semella ter unha clara finalidade de clarexo para ofrecer limpeza de horizontes. Esta discutida e controvertida actuación non parece realizarse con criterios paixasísticos e profesionais sólidos, xa que se tallan unhas árbores e outras non. Así cercenáronse os principais carballos americanos de gran porte que estaban catalogados e sen embargo non se xestionan axeitadamente os piñeiros, moitos deles secos en pé ou defoliados pola procesionaria. Esta defoliación é debida a que as trampas prásticas para as eirugas non son limpadas e as árbores se someten a tratamentos de fumigación. Tamén elimináronse setos e arboriñas, cun claro impacto na abundancia de bolboretas. A diminución da biodiversidade é moi acusada e pon en risco o futuro do pulmón verde da cidade.

Ecoloxistas en Acción demanda ao Concello de Vigo que non continúe coas tallas arbitrarias e aplique criterios de sostibilidade, de preservación da biodiversidade urbana e de respecto á historia da cidade e aos usuarios do parque.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete