Final feliz para “Muti” do CAAN

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A cadela foi adoptada en Vigo tras a súa recuperación no servizo da Deputación

Foi rescatada hai 2 meses en Caldas cunha grave fractura, que obrigou a amputarlle unha pata, e con feridas repartidas por todo o corpo

 

Seguen as boas noticias desde o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra. “Muti”, unha cadela mestiza de seis meses que fora recollida hai dous meses no Concello de Caldas nunha situación moi delicada e que foi recuperada no CAAN, acaba de atopar un novo fogar, sendo adoptada por unha familia de Vigo.

“Muti entrara no centro o 15 de novembro tras ser rescatada na parroquia de Godos do municipio caldense. Tiña unha fractura aberta nivel do cóbado esquerdo, con infección e miasis (debido a que levaba tempo coa lesión), amais de varias feridas repartidas por todo o corpo. Estaba chea de parasitos e moi delgada. Os veterinarios do CAAN tiveron que amputarlle a extremidade debido á gravidade da fractura. E despois puxeron a “Muti” a tratamento, a desparasitaron e vacinaron.

Unha vez recuperada foi esterilizada e identificada con microchip, e esta mesma semana foi adoptada por unha familia de Vigo onde xa ten o seu novo fogar. Con “Muti” son xa once os cans e cadelas do centrode acollida da Deputación que foron adoptadas no que vai deste  primeiro mes do 2021.

Hai que lembrar que as adopcións no CAAN da Deputación son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360. Os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete