EU SON do Porriño-SON en común acusa de mentir ao Concello na venda da parcela do PPI-7

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo municipal votou a favor no Pleno, no punto da venda de parcela de Titularidade Municipal

 

 

A voceira municipal de EU Son do Porriño, Patricia Sío, manifesta o seguinte a través dun comunicado:

"Con relación á información aparecida na fin de semana nos medios e nas redes sociais do Concello do Porriño sobre a aprobación por decreto da venda dunha parcela de titularidade municipal a IMBEREMBAL por importe de 960.000 euros + IVE, queremos manifestar o seguinte:

- A operación foi levada o 30 de decembro a Pleno para a súa aprobación. O acordo non saiu adiante, non só polo voto en contra do PP, senón porque estaban ausentes Manuel Carrera de UDDL e a alcaldesa.

 - EU Son do Porriño votou a favor.

- Mentir alegando que a operación tivo que materializarse por decreto por un bloqueo no Pleno que non existiu é moi grave. É absolutamente falso e non se pode alterar nos medios o sentido do noso voto. Ante o acontecido só caben dúas posibilidades (ou as dúas):

- Ou a persoa que leva a comunicación do Concello, Eugenio Giráldez Villar, fai patente unha vez máis a súa incompetencia e/ou actúa con mala fe. Estaba no Pleno e ademáis ten acceso á gravación. Como profesional e como persoal remunerado con cartos públicos debe proceder co máximo rigor.

- Ou a alcaldea bota man unha vez máis da manipulación, vitimizando, para agochar a súa patética xestión acusándonos de “pinzas imaxinarias”.

Non imos aturar este tipo de actuacións. Esiximos a rectificación inmediata, do contrario, as consecuencias políticas van ser graves. O goberno municipal está en minoría pero aínda non parece consciente".

Achégase ligazón do Pleno http://mediateca-oporrino.seneca.tv/library/items/plenoordinario-diciembre-2020?part=3e74d4a7-d790-4117-be13-d29dda2ae34b&start=4118

Véxase minuto: 1:08:30

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete