A Xunta investirá 25.000 euros no acondicionamento eléctrico do Pazo de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou onte o Pazo de Mos, onde a Administración autonómica colaborou no acondicionamento eléctrico do inmoble e do seu albergue de peregrinos. A achega encádrase no Plan Estratéxico do Turismo de Galicia 2020, que ten como obxectivo "consolidar a comunidade galega como destino competitivo".

 

A Xunta anunciou onte un investimento de 25.000 euros para o acondicionamento eléctrico do Pazo de Mos, nun intento de "poñer en valor o patrimonio da comunidade", entendendo este como un "valor extratéxico da economía", o cal obriga á súa conservación. A achega encádrase no Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020, que ten como obxectivo consolidar a comunidade galega como "destino competitivo". Nesa aposta por un turismo "único e diferenciado", que potencia a chamada Marca Galicia e que pretende garantir a seguridade para os seus visitantes, a Xunta colabora na modernización de espazos emblemáticos como o Pazo de Mos.

O Pazo de Mos non só é un edificio histórico do século XVII que se atopa nun enclave estratéxico do Camiño Portugués, senón que hoxe en día, xestionado pola Fundación Pazo de Mos, da que forman parte a asociación de veciños de Santa Baia de Mos e a Comunidade de Montes de Mos, é un referente de dinamización cultural e deportiva para a súa veciñanza e un exemplo de aproveitamento dun inmoble emblemático como destino turístico e albergue de peregrinos. 

O Pazo de Mos, localizado ao carón da antiga calzada romana que unía Bracara Augusta, a actual Braga, con Tui e Santiago a través do Camiño Portugués, é unha xoia do patrimonio galego que o ano pasado foi sumada aos espazos singulares que obtiveron en Galicia a certificación Q de Calidade Turística, xunto coa contorna da Carballeira e Xardín Botánico de Caldas de Reis, da Fortaleza Salvaterra do Miño, do parque infantil Aldea dos Grobits (O Grove) e a Rede de Miradoiros de Sober. A Xunta afirma que seguirá apoiando iniciativas similares para "preservar o patrimonio histórico" e "adaptalo ás necesidades do século XXI".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete