A Axencia de Colocación de Mos disporá dun portal dixital de emprego

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Segundo informa o Concello, a plataforma conecta directamente a empresas e demandantes de emprego axilizando e facilitando o proceso de selección de persoal.

 

O Concello de Mos informou onte da creación do novo portal de emprego da Axencia de Colocación de Mos. Esta será “unha ferramenta moderna e interactiva que conecta a empresas e demandantes de emprego para axilizar o proceso tanto de selección de persoal por parte das empresas como de inserción laboral por parte dos desempregados e desempregadas”. Deste xeito, no novo portal municipal da Axencia de Colocación, crúzanse as demandas curriculares para os postos vacantes cos perfís laborais dos demandantes, de xeito que o proceso de selección se fai un modo máis eficaz e eficiente.

A Axencia de Colocación de Mos, dispón deste novo portal de emprego, máis completo e máis áxil, desde o que todas as persoas que estean buscando emprego poden acceder a todas as ofertas de emprego e candidatarse a través do enderezo web https://mos.portalemp.com As empresas que necesiten persoal, así mesmo, poden solicitalo a través deste portal no apartado destinado ás empresas. O portal ademais terá información actualizada das accións formativas que se convoquen desde a Axencia de Colocación de Mos, e dispón dun apartado destinado a persoas emprendedoras con información actualizada.

Todas aquelas persoas ou empresas que queiran candidatarse a unha oferta, inscribirse en algún curso, ou solicitar persoal, poden facelo desde o apartado “Inscribirse” e, ao acceder, apareceranlles tres apartados: Inscrición como demandante de emprego- Inscrición como empresa – Inscrición como alumno. Os interesados poden poñerse en contacto coa Axencia en caso de dúbidas no teléfono 986487786, ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete