Os populares do Porriño cuestionan a nova contratación de persoal de confianza ligado ao partido socialista no concello por parte da alcaldesa.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa, Eva García, destaca a legalidade da contratación e resposta que "eles mesmos tiñan ao cuñado do anterior alcalde contratado como cargo de confianza".

 

Eva García de la Torre, alcaldesa socialista do Porriño, ten contratados actualmente a dous cargos de confianza pertencentes ao Partido Socialista e que foron candidatos polo partido socialista en Oia e A Lama por unha cuantía de 62.589,38 € anuales, asunto que crea molestias na agrupación popular do Porriño.

O PP do Porriño pon en xaque a nova contratación de confianza ocupada por José Antonio Olmedo como asesor económico e financieiro, o que supón un gasto anual de 31.643,64 €, sumándose á contratación do ano pasado do ex candidato socialista de A Lama. Os populares preguntan "cal é a intención política real de colocar a persoal ligado ao PSOE a costa do orzamento porriñés" e denuncia unha vez máis que "os problemas reais dos veciños e veciñas do Porriño non se atopan entre a prioridades do actual goberno socialista, que segue aumentando as nóminas e xerando emprego pero somente no seu partido".

O voceiro popular, Alejandro Lorenzo 'Caroca', denuncia que "pese a terse comprometido a que tan só se contrataría a unha persoa de confianza, son xa dous os contratos de tipo político que mantemos dende o concello do Porriño. Eva García deberá sopesar se é necesario que os porriñeses soporten estes gastos para remunerar aos excandidatos socialistas doutros concellos, que nada teñen que ver co Porriño; xa non son nin da comarca do Louriña". Remata sentenciando que "os cargos de confianza da actual alcaldesa son a sucursal do PSOE de Pontevedra".

A alcaldesa, en resposta ás cuestións, comenta que "eles mesmos tiñan ao cuñado do anterior alcalde contratado como cargo de confianza. Namentres, o anterior alcalde sumaba nóminas de máis de 10.000 € mensuais sendo deputado provincial, e cando tivo que deixar o cargo, como non lle chegaba o salario de alcalde optara pola súa xubilación. Ademáis de cobrar por plenos, comisións informativas e xuntas de goberno. Se a iso lle sumamos as remuneracións de outras asistencias técnicas para suplir as limitacións dalgunha concelleira, pódese observar que non están en condicións de dar leccións a ninguén".

"O nomeamento dun cargo de confianza é potestade e competencia da alcaldía" afirma a rexidora, e pregunta se "o que pretende o PP e que contrate a persoas do seu partido, cando é claro de entender que a min non me producen ningunha confianza".

En resposta ao voceiro, anota que Alejandro Lorenzo "cobra máis ca alcaldesa por ser deputado provincial na oposición, é dicir, por non facer nada. Non sabemos qué iniciativas presentou a favor do Porriño, e ese salario tamén sae do noso bolsillo. Polo contrario, parece que se utiliza para perxudicar aos veciños e veciñas do concello porriñés" e sentencia que "eles saberán o que fan, e as veciñas e veciños tomarán nota de que fai cada un polo beneficio do pobo".

Eva García remata aconsellando aos populares "que traballen en positivo polo Porriño, e se non son capaces que non poñan paus na roda cunha oposición tóxica, agresiva, faltona e sobretodo inoperante".

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete