O Concello inicia o servizo de asesoramento a Emprendedores

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello inicia o servizo de asesoramento a Emprendedores

O Concello do Porriño anuncia que puxo en marcha o Servizo de Asesoramento ao Emprendemento que comezará a funcionar a partir do vindeiro luns 18. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Emprego dirixida por David Alonso, con financiamento municipal e coa contribución da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego.

O servizo ofrece aos novos emprendedores do Porriño, un análise da viabilidade do plan de negocio; información para determinar a forma xurídica da empresa dado que cada proxecto conta cunhas características propias, e asesoramento laboral, fiscal e contable, segundo as obrigas de cada tipo de negocio. Tamén o Servizo de Asesoramento a Emprendedores facilitará axuda para os trámites telemáticos de constitución da empresa, a través do sistema de tramitación que ten a Dirección Xeral de Industria e Pemes da Xunta de Galicia mediante a utilización do Documento Electrónico Unico (DUE). E por último este novo Servizo de Asesoramento tamén axudará aos novos emprendedores a solicitar e tramitar axudas e subvencións da administración autonómica.

O novo Servizo de Asesoramento está ubicado no Multiusos de Torneiros, funconará en horario de 8 da mañá a 3 da tarde e con cita previa.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete