O colectivo de danza mosense As Meninas, campioas galegas de Danza Coreográfica

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica. O grupo mosense As Meninas, dirixido por Patricia Martínez, conseguiu proclamarse gañador do certame na categoría Junior Territorial Iniciados. Foron recibidas onte na Praza do Concello, onde recibiron a felicitación institucional polo gran logro do título autonómico.

O colectivo de baile mosense As Meninas, formado por Sara Requejo, Ainara Rodríguez, Eva Calvar, Elena Gamallo e Noa Pintos, tras 10 meses sen competir por mor da crise sanitaria da COVID-19, presentáronse ao Campionato Galego en Narón e conseguiron proclamarse Campioas Galegas na Modalidade de Danza Coreográfica, a 8 puntos de diferenza do segundo grupo.

"Loxicamente, o esforzo foi inmenso en todos os aspectos, físico, económico e psicolóxico, tanto por parte delas como por parte dos seus pais. Non é fácil manter motivadas e centradas a unhas deportistas adolescentes en época de pandemia, desde marzo os primeiros sete meses foron entrenos e clases en liña, e desde outubro presenciais”, explica a súa adestradora, Patricia Martínez. Engade que “contabamos que con que o ano xa se acabara en canto ao que a competición e títulos deportivos se refire e de feito empezamos a preparar a nova coreografía do 2021 e foi cando saíu a noticia que se celebraba o Campionato Galego e eu fun a primeira que dixen hai que ir, sí ou sí; pero creo que elas o necesitaban máis que eu, volver sentir a adrenalina, os nervios, ver máis bailaríns... e a verdade é que non puido ir mellor, acabamos o 2020 ao grande”. Martínez quixo agradecerlles “en primeiro lugar aos pais das bailarinas, porque son o principal piar, pero honestamente esta vez quero agradecerlles a elas publicamente o ben que traballaron, aguantado, esforzándose e loitado durante todo este tempo”. 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete