O PSdeG-PSOE pon en marcha as xestoras do Porriño, As Neves e O Rosal

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Executiva Provincial aprobou @s integrantes dos tres entes de dirección provisional das agrupacións locais ata o remate da pandemia de COVID19

A xestora porriñesa estará presidida por Soledad Girón

 

 

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE celebrou a súa primeira xuntanza do ano para abordar cuestións orgánicas que, como é habitual dentro do partido na provincia, resolvéronse con consenso de tódalas partes e acordo unánime dos integrantes da Executiva. Deste xeito quedaron aprobadas as novas Comisións Xestoras encargadas de dirixir as agrupacións locais de O Porriño, As Neves e O Rosal.

En O Porriño a Xestora estará presidida por Soledad Girón Girón (membro do Comité Provincial), acompañada dos concelleiros Lourdes Moure Varela e Sergio Casal Quintas, ademais de Miguel Táboas Sequeiros (membro do Comité Nacional) e Diego Julio de Sa García.

En As Neves encabezará Marcelino Couto Martínez, tenente de alcalde, xunto con José Carlos Domínguez Gil e Isabel Prieto Couto.

Finalmente, en O Rosal estará presidida por Miguel Ángel Rodríguez Velasco, acompañado de María Concepción Alonso Rodríguez, José Manuel Gómez Campos, David Gómez Cardoso e Milagros Carmen Amador Dacal.

O acordo foi adoptado nunha Executiva Provincial, celebrada novamente de maneira telemática e na que houbo unha amplísima participación, e inclúe tamén a designación de Luis Piña como secretario provincial de Organización, como colaborador e observador nas tres xestoras.

O secretario xeral provincial, David Regades, explicou que as Xestoras de O Porriño, As Neves e O Rosal funcionarán como órgano de transición, encargado de organizar a asemblea de militantes que dea paso ás novas Executivas municipais, un proceso que agora mesmo é imposible de abordar por mor das restricións derivadas da pandemia de COVID19. As asembleas, explicou, celebraranse cando as condicións sanitarias o permitan. Regades subliñou que o diálogo presidiu o proceso de designación e agradeceu a colaboración de toda a militancia. “O obxectivo ata que tomen posesión as novas Executivas é dinamizar o partido, garantindo a súa relación coa sociedade, e conducir o proceso de elección das novas direccións locais sempre co respecto á cultura de democracia interna que caracteriza ao socialismo”.

Regades fixo fincapé na tradición de diálogo que existe no PSdeG-PSOE provincial “onde as cousas se falan dentro para fortalecernos e centrar as nosas enerxías en presentar proxectos sólidos á sociedade”. Unha traxectoria que recalcou, é valorada pola cidadanía, como demostran as 22 alcaldías socialistas da provincia e o feito de que máis de 600.000 d@s máis de 900.000 pontevedreses conten con gobernos dirixidos ou apoiados polo Partido Socialista.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete