Silvino González  reluce no ceo coma as súas estrelas de Cans

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O colocador oficial de estrelas fo Festival de Cans deixa un significativo valeiro tanto nos veciños da parroquia porriñesa, coma nos actores e estrelas que acuden ao certame audivisual

 

 

Silvino González, o colocador das estrelas do Torreiro do Festival de Cans, faleceu onte ós 79 anos, víctima dunha devastadora enfermidade, despois de que a comezos de ano fose ingresado por una indisposición no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Silvino era unha persoa moi querida na aldea de Cans e por todas as persoas da organización do festival. Desde a primera edición do festival, involucrouse no transporte de público co seu chimpín, mesmo montando as estruturas de madeira para as primeiras pantallas para proxectar nos jalpóns, pero sobre todo fixose coñecido para o público e os medios, como colocador das estrelas de pedra do Torreiro das Estrelas. 

Cada ano, Silvino acudía ó Torreiro unha semana antes, cun plano meticuloso, onde deseñaba o lugar onde se colocaría cada estrela de pedra. Despois perfilaba o oco para poñelas o día no que chegaran as persoas homenaxeadas. Así, Silvino sempre colocou as estrelas de todas e todos os homenaxeados no festival, de Luis Tosar a Isabel Coixet, pasando por Javier Gutiérrez, Gracia Querejeta, Montxo Armendáriz ou Fernando León. 

Numerosas veciñas e veciños, colaboradores, e personalidades do cinema, como o actor Antonio Durán "Morris", manifestaron o seu pesar e trasladaron as súas condolencias deixando mensaxes nas redes sociais do Festival de Cans.

Xeneroso, bondadoso, afable no trato e sempre discreto, Silvino colaboraba tamén na colocación dos Chimpíns no 'muro dos chimpíns' e a súa, era unha presenza imprescindible na parte de atrás do Festival de Cans, lonxe dos focos e das fotografías.

En 2009, o Festival de Cans concedeulle o Chimpín de Prata que recoñece a labor d@s veciñ@s que colaboran no festival, e o seu nome permanecerá para sempre na memoria do Muro dos Chimpíns.

O Festival de Cans quere expresar á súa familia e persoas achegadas as suas condolencias polo pasamento de Silvino, e procurará honrar a súa memoria en vindeiras edicións do certame. O seu enterro terá lugar este mércores ás 17.00  en Cans.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete