O informe anual urbanístico de Mos sinala subas na concesión de licenzas de obras e atividade en 2020

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A pesar de que "o número total de licenzas concedidas e de asuntos urbanísticos levados a Xunta de Goberno" non aumentou en 2020, o Concello de Mos subliña o incremento do 54% na concesión de licenzas de obra maior para naves. 

 

Os datos son extraídos do balance urbanístico anual de 2020, do cal o Concello destaca o importante aumento de licencias de naves concedidas que pasa de 11 en 2019 a 17 en 2020, téndose concedido o ano pasado 6 licenzas máis que o anterior, o que representa un crecemento porcentual do 54%. Por outra banda, no que respecta ás licenzas de actividade, en 2020 concedéronse un total de 114 fronte ás 101 de 2019. É dicir, 13 licenzas máis que supoñen un incremento do 13%. Dentro das licenzas de actividade hai un tipo que aumentou especialmente, o de Comunicación Previa, que pasou de 81 en 2019, a 91 en 2020; 10 licenzas máis que representan un incremento do 12%.

Ademais das de nave industrial, outras licenzas de obra maior que tamén aumentaron foron as de canalizacións e redes eléctricas, pasando de 32 en 2019 a 37 en 2020. 5 licenzas máis que implican un crecemento do 15%. Dentro das licenzas de obra menor as que máis aumentaron foron as de cambio de tella e muro de peche. As licenzas para cambio de tella en 2019 foron 33 e en 2020, 40. 7 licenzas máis que supoñen un crecemento porcentual do 21%.

As licenzas para muro de peche en 2019 foron 31 e en 2020, 37. 6 licenzas máis que supoñen un crecemento porcentual do 19%. En canto a outros expedientes tramitados tamén aumentaron os de devolución de aval (13 en 2019 e 14 en 2020) e de Disciplina Urbanística (15 en 2019 e 36 en 2020).

Segundo o Concello, os datos urbanísticos seguen a progresión ascendente iniciada en 2017 en Mos coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Estas cifras veñen tamén derivadas do crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa ao 94% de ocupación, o que fai que Mos leve experimentando nos últimos anos un aumento das licenzas urbanísticas concedidas.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete