O pleno de Mos aproba por unanimidade a memoria do Plan de acción para o Clima e a enerxía sustentábel

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase do PACES, unha memoria anual do consumo enerxético, en base a cuxos resultados será elaborado o plan de medidas para reducir nun 40% as emisións de CO2 e de tódolos gases de efecto invernadoiro.

 

A elaboración da memoria está relacionada co Pacto asinado polos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, que se trata dunha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Trátase polo tanto dun documento chave no que o Pacto dos Alcaldes expón como pensa lograr os compromisos asumidos; define as medidas de mitigación e adaptación deseñadas para lograr os obxectivos, xunto co calendario e as responsabilidades asignadas.

Fai un ano que o Concello de Mos aprobaba tamén por unanimidade en Pleno a adhesión ao Pacto e, desde entón, púxose en marcha a redacción do proxecto mosense: a folla de ruta a seguir nos próximos anos respecto do Pacto. Agora, unha vez aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación Municipal o pasado luns, pasará a ser rexistrado telemáticamente, no sitio web da Oficina do Pacto da Unión Europea, segundo os procedementos establecidos pola propia oficina. 

O Concello debía entregar o PACES antes do mes de decembro, tras aprobalo en pleno municipal. Este documento é a memoria enerxética do Concello onde se realiza un analisis do consumo en luz pública, os dificios municipais, gasóleos e gasolina, calefacción, aire acondicionado, etc., e trázase un plan para reducir as emisións de efecto invernadoiro, o obxectivo é entre o 2020 e o 2030 reducilas nun 40% para cumprir co Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxia.

Crearase unha comisión anual de seguimento do pacto co obxectivo de que o seu alcance se extenda máis alá da presente lexislatura. A partir de 2021, o Concello de Mos será obxecto dunha auditoría cada dous anos, na que se controle que a redución das emisións cumpre os parámetros establecidos. O cumprimento dos mesmos implicará beneficios para a administración local mosense, tales como prioridade e facilidades á hora de solicitar e recibir subvencións.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete