A Xunta reitora da Uned aproba o orzamento para 2021, que ascende a preto de 2,3 millóns de Euros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta reitora da Uned aproba o orzamento para 2021, que ascende a preto de  2,3 millóns de Euros

Tamén se aprobou o plan académico docente do curso 2020-2021 e deuse conta do novo equipo directivo que será totalmente paritario 

A Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, presidida por Carmela Silva,  vén de aprobar o orzamento para o exercicio 2021 que ascende a preto de 2,3 millóns de euros. No marco da orde do día, tamén se aprobou o plan académico docente do curso 2020-2021, que continuará a liña do curso anterior pero respondendo ás necesidades do alumnado por mor da situación sanitaria, e deuse conta do novo equipo directivo do centro que, con Víctor Manuel González Sánchez como director e con cinco mulleres e cinco homes ocupando diferentes postos, será totalmente paritario. 

No que respecta ao orzamento para o 2021, o importe ascende a preto de 2,3 millóns de € contemplando preto de 600.000 € para gastos de persoal y profesores-titores, máis de 915.000 euros para gastos correntes en bens e servizos, máis de 715.000 € para transferencias correntes e  preto de 60.000 € para investimentos. O orzamento é lixeiramente inferior ao 2020 (115.713 € menos) debido á diminución do número de persoal directivo e, entre outras cuestións, á ausencia de gastos no que corresponde ao profesorado da Escola Naval. Por outra parte, aumenta a partida de profesores titores e tamén a de limpeza para responder á situación sanitaria. 

Amais do orzamento, tamén se aprobou o plan académico docente para o curso 2020-2021, que continuará a liña do curso anterior e responderá ás necesidades dos e das estudantes dada a situación sanitaria, e deuse conta do novo equipo directivo que, liderado por cinco mulleres e cinco homes, será totalmente paritario. Xunto aos xa nomeados Víctor Manuel González Sánchez, director do Centro asociado de Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED, e Tomás Costal Criado, secretario do Centro Asociado en Pontevedra, contará cunha subdirección económica a cargo de Alfonso Vázquez Reboredo, e tres coordinacións: a Académica, orientada á xestión e creación de calendarios de formación regrada, que será xestionada por María Beatriz Arjona Otero; a de Extensión Universitaria, coa finalidade de coordinar actividades culturais e formativas non regradas, que dirixirá Rafael Cotelo Pazos; e, por último, a Tecnolóxica, que ten como misión manter e xestionar o equipamento tecnolóxico para facilitar as clases en rede, que coordinará Francisco José Abuín Crespo. 

Tamén haberá unha coordinadora do COIE (Centro de Orientación e Emprego), Patricia Otero Balboa; outra da Aula de Vigo da UNED, María del Carmen Martínez Prieto; tamén unha coordinadora da Aula de Tui, Minerva Atenea Ojea Delgado; e outra para a aula de Portas, Ana María Barreira Fresco.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete