Encontro entre a alcaldesa de O Porriño e o delegado da Zona Franca de Vigo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Eva García valora a David Regades como "gran aliado para afianzar o noso futuro"

 

A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García, reuniuse hoxe en Vigo con David Regades, Delegado de Zona Franca para falar do estado de tramitación de distintos proxectos en marcha de interese para O Porriño, como a promoción de chan industrial, a apertura dunha gardería infantil no polígono de A Granxa, ou a necesidade de dotar aos polígonos industriais de servizos que supoñan valor engadido para as empresas.

Neste encontro tamén trataron "dos retos da Axenda 2030 no que atinxe a diminución de gases de efecto invernadoiro e de diversas cuestións de indubidable interese, non só para O Porriño, senón tamén para toda a zona sur da provincia dada a nosa condición de motor económico", manifestou García de la Torre.

A rexedora porriñesa amosouse "moi satisfeita cos resultados da reunión" e agradeceu a David Regades "a súa sensibilidade cos problemas de O Porriño. Sen dúbida, é un gran aliado para afianzar o noso futuro", valorou Eva García.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete