Ecoloxistas solicitan a anulación da autorización de varias explotacións en Budiño por carecer de informe de impacto ambiental e alertan dos riscos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A organización ecoloxista denuncia que as explotacións autorizadas pola Consellería causan prexuizos de imposíbel ou difícil reparación ao río Louro, ao barrio Eidos-Vitureira e ás Gándaras de Budiño (ZEC ES1140011),  espazo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais, desde Ecoloxistas en Acción subliñan que o feito de que as canteiras levaran tempo funcionando non exime da realización dun Informe sobre as Repercusións do proxecto de explotación e do plan de restauración sobre a Rede Natura.

 

Ecoloxistas en Acción denuncia a inacción das administracións competentes a pesar das múltiples protestas da Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño grazas a cal aportamos un dossier con algunhas das distintas afeccións: contaminación das augas, fendas nas vivendas polos temblores e incluso pedras proxectadas polas explosións sobre as zonas habitadas.

Ecoloxistas en Acción sinala que ante a posibilidade de que os baleirados das balsas, as lixiviacións e as escorrentias puideran afectar á calidade das augas dos regos que verte nao río Louro e coa finalidade de evitar afeccións á Rede Natura, débese realizar non só unha Avaliación de Impacto Ambiental ordinaria, senón tamén informar sobre das Repercusións dos proxectos sobre a Rede Natura, tal e como esixe a protección ambiental reforzada da Directiva 92/43/CEE do Consello, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres

A organización ecoloxista galega denuncia que o órgano ambiental competente obvia a avaliación de impacto ambiental ordinaria,  pese aos efectos sinérxicos e acumulados das tres explotacións sobre a Rede Natura, ZEC ES1140011 Gándaras de Budiño. É máis, non só obvia a avaliación ambiental ordinaria, senón que ademais fragmenta os tres proxectos para eludir a avaliación integral dos seus impactos desde unha perspectiva ecosistémica.

Respecto as tres canteiras sinaladas “Eidos nº 2342.2” (PO/C/02342.2), «Forna» Nº 2342 (PO/C/02342) e “Benedicta 1544” sinalan que a pesar da obriga legal e imperativa de conservación dos espazos da Rede Natura, o órgano con competencias en materia de medio ambiente da Xunta de Galicia formula o Informe de impacto ambiental sobre o proxecto de restauración da explotación mineira obviando calquera referencia ao proxecto de explotación mineira. É dicir, só se formula o Informe de Impacto Ambiental con respecto ao Plan de restauración, e non con respecto ao Proxecto de Explotación.

Ecoloxistas en Acción lembra que a aplicación do principio de precaución aconsella que cando se aprecie que existe obxectivamente algunha “posibilidade” de afección sobre algún espazo RN2000, entón a avaliación de impacto ambiental ha de considerar e incluír a avaliación de repercusións sobre Rede Natura 2000, e coa información que se xere os órganos ambientais competentes poderán apreciar se os efectos avaliados son significativos ou non. No presente caso non se tivo en conta esta posibilidade dos efectos sobre a Rede Natura polo que cautelarmente, e en tanto en canto, non se avalíen estas repercusións sobre as Gándaras de Budiño debe suspenderse a eficacia das Resolucións que autorizan tanto os proxectos de explotación como de restauración das concesións “Eidos”, “Forna” e “Benedicta”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete