O Concello autoriza unha celebración parcial do mercado ambulante a partir do 8 de decembro

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello autoriza unha celebración parcial do mercado ambulante a partir do 8 de decembro

A melloría no Porriño segue a confirmarse como acreditan os 62 casos activos de infectados, segundo comunicou hoxe o SERGAS.

Supoñen unha notable rebaixa dos que tiñamos hai unha e dúas semanas atrás, segundo valorou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid que celebrou reunión telemática, presidida pola alcaldesa Eva García.

Á vista da contrastada melloría que reflicten os datos, o goberno municipal tomou a decisión de autorizar a celebración do mercado dos martes, a partir do vindeiro 8 de decembro aínda que con certas restricións. A decisión trasladouse hoxe aos representantes dos demais grupos políticos da Corporación na reunión de comisión de seguimento.

O concelleiro responsable Sergio Casal explicou que acordou hoxe cos representantes dos vendedores ambulantes que tan só autorizarán instalar en cada quenda a un 50% dos ambulantes, é dicir  uns 70 postos. O postos con número impar asignado, montarán o día 8 e os postos con número par, o farán o día 15. Esa cadencia manterase á expensas da evolución dos datos da pandemia.

O mercado ambulante dos martes, non se celebra no Porriño dende o 27 de outubro por decisión municipal cando se adoptaron a primeira batería de medidas de prevención contra a Covid.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete