O servizo CAAN da Deputación supera xa as 500 adopcións neste 2020

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A maior concienciación da sociedade sobre benestar animal e as continuas campañas para a adopción e contra o abandono, así como de visibilización dos animais, explican unhas cifras “espectaculares” que desde 2015 supoñen 2.500 cans e cadelas adoptadas

 

O Centro de Acollida e Protección de Animais -CAAN- da Deputación de Pontevedra segue a ter un 2020 de récord. Se a finais do pasado outubro lograba bater a súa marca histórica de adopcións anuais, que estaba en 466 animais, esta mesma semana as instalacións da Armenteira xa lograron superar os 500 cans e cadelas adoptadosque a institución se marcara como novo obxectivo para todo o ano. Concretamente, son xa 514 os animais que desde xaneiro atoparon un novo fogar.

As espectaculares cifras que amosa o centro de Meis cobran aínda máis relevancia tendo en conta que os procesos de adopción estiveron suspendidos entre o 14 de marzo e o 11 de maio polo confinamento derivado da pandemia da Covid. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo destacar estes datos cando aínda queda un mes para que remate o 2020 e subliñou que “a maior concienciación da sociedade sobre benestar animal e as continuas campañas para a adopción e contra o abandono, e de visibilización dos animais explican este aumento. Desde 2015 levamos xa preto de 2.500 animais adoptados non só na provincia, senón noutros lugares de Galicia, do Estado e incluso do estranxeiro, especialmente Portugal”.

Esta boa nova únese tamén ao menor número de recollidas nos concellos adheridos ao servizo no que vai deste 2020 e que se sitúan en 1.052, cando o ano pasado foron un total de 1.332. Hai que matizar, amais, que da citada cifraa metade dos animais foron recuperados polos seus propietarios e propietarias, concretamente 308 cans e cadelas foron recollidos no mesmo lugar do aviso da súa aparición, e outros 205 nas propias instalacións do CAAN.

O centro de acollida presta servizo a 50 concellos da provincia. Hai que lembrar que as adopcións son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete