O Celta e o Concello de Mos realizan en Pereiras un pequeno acto inaugural da primeira fase do macroproxecto comercial e deportivo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O R. C. Celta inaugurou hoxe sábado a primeira fase do polémico proxecto da cidade deportiva "Afouteza", nun acto "no que primaron as medidas de seguranza e prevención" segundo o Concello. A totalidade do proxecto depende, porén, da aprobación definitiva dunha modificación puntual do PXOM promovida polo Concello ad hoc, á que se opón grande parte da veciñanza e a cal conta con importantes informes oficiais desfavorábeis por mor do seu impacto no entorno, polo que terá que ser redeseñada.

O evento, que tivo lugar un ano despois do acto de colocación da primeira pedra, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da RFEF, Luís Rubiales; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño. Un grupo reducido de persoas, entre eles representantes de diversas institucións e entidades deportivas, os capitáns do primeiro equipo e responsables dos medios de comunicación de Vigo asistiron á inauguración cun percorrido guiado polas instalacións.

Posteriormente, disputouse un partido entre os Xuvenís de División de Honra do Celta e o Deportivo. O clube incluíu un acto no que se plantou un carballo e se descubríu unha placa cunha mensaxe de compromiso co medio ambiente, en resposta, se cadra, ás protestas de ecoloxistas e veciños que se opoñen desde anos a este proxecto polas súas consecuencias para a protección do monte.

Tamén interviu a representante do Concello, Nidia Arévalo, para insistir no orgullo que supón para ela, como alcaldesa, que este proxecto do Celta estea tomando forma en Mos. Asegura que tal orgullo é compartido polos veciños, se ben é notoria a oposición de grande parte da veciñanza, e definiu o proxecto como "un neno que hoxe bota a andar e é unha gran herdanza dos mosense de hoxe para os de mañá".

O proxecto contempla na súa totalidade a construción de nove campos de fútbol e un edificio que crecerá ao redor deles. As novas instalacións serán utilizadas polo primeiro equipo do R. C. Celta, que xa se adestra nelas desde o pasado xoves, e polas súas categorías inferiores, á vez que se constituirá un grande espazo comercial e de lecer. Os comuneiros de Tameiga aproveitaron o acto de hoxe para, unha vez máis, alertar dos riscos que supón este proxecto, pendurando unhas faixas na contorna das instalacións.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete