Veciños de Tameiga continúan a súa mobilización contra o macroproxecto do Celta e en defensa do monte

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Nestas datas cúmprese o aniversario da colocación da primeira pedra da cidade deportiva e macroproxecto comercial do Celta e o goberno local en Mos. A veciñanza organizada, a través da Comunidade de Montes, realiza unha nova acción de protesta e rexeitamento ao proxecto e lembran que aínda están por resolver importantes dúbidas legais a respecto do mesmo.

 

Hoxe, cando se celebra o acto inaugural das instalacións en Pereiras, a veciñanza e mancomunidade de Tameiga está na súas casas respectando as restricións impostas pola situación de pandemia e non poderán achegarse á Cidade Deportiva para defender o seu monte, como os centos de veciños e veciñas mobilizados o ano pasado por estas datas. Dadas estas circunstancias, os veciños decidiron deixar claro o seu rexeitamento mediante unhas faixas colocadas na entrada das controvertidas e denunciadas instalacións.

Segundo denuncian, "este acto dos promotores do pelotazo urbanístico nos montes comunais de Tameiga non inagura nada", pois as obras aínda están sen rematar e fican por resolver múltiples denuncias que cuestionan a súa legalidade. Os comuneiros sinalan o fin únicamente propagandístico deste acto, que pretende presentar o proxecto "como un feito consumado" para acalar as protestas dos veciños. Estes, porén, non tendo nada en contra dos dous campos de fútbol, sospeitan que o plan é "un cabalo de Troia" que permitirá expropiar e recalificar o resto do monte. Lembran que o impacto ambiental do "despropósito urbanístico" abrangue case un millón de metros cadrados de solo rústico de especial protección.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete