O Deputado Guillermo Meijón asegura que “Nunca miramos un gobernó máis comprometido” en suprimir o paso a nivel no centro do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Deputado Guillermo Meijón asegura que “Nunca miramos un gobernó máis comprometido” en suprimir o paso a nivel no centro do Porriño 

“Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren ao seu paso polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.

Meijón Couselo xunto con Angeles Marra, deputada e Marica Adrio, senadora todos eles parlamentarias socialistas pola provincia de Pontevedra, mantiveron unha reunión de traballo con Eva García e os concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso a propósito do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

Previamente acudiron ao paso a nivel onde comentaron as últimas novidades sobre a tramitación do proxecto. A redacción do mesmo adxudicouse por 854.603 € e deberá plantexar estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto constructivo. Entre as alternativas figura a posibilidade de soterrar tamén a actual estación ferroviaria. O contrato formalizouse  hai uns días polo ADIF coa ute formada polas empresas de enxeniería “GOC” e “Prointec”.

En palabras do deputado Guillermo Meijón “nunca miraramos aun goberno tan convencido e comprometido para que este compromiso poida concretarse e de feito xa é un gran avance que se adxuicase o proxecto e que teña un prazo de entrega de 16 meses pot que a partir de ahí damos por seguro que O Porriño por fin poderá liberarse dese paso a nivel”, manifestou o parlamentario pontevedrés.

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu que “esta visita trouxera tan boas novas sobre a intención e o compromiso do Goberno de España para acadar a eliminación do paso a nivel no centro do Porriño”. “Sei que nun futuro non moi lonxano veremos cómo será realidade”, engadiu Eva García.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete