A Fundación A Caixa e Caixabank doan ao Banco de Alimentos do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Fundación A Caixa e Caixabank doan ao Banco de Alimentos do Porriño

O almacén do "SOS Porriño" recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada por CaixaBank que canaliza unha axuda da "Fundación A Caixa". 

Esta achega constitúe unha axuda moi importante para o Banco de Alimentos de cara ao reparto de decembro. Actualmente "SOS Porriño" está a distribuír lotes de alimentos entre 430 familias do municipio o que supón que unhas 1.300 persoas que son beneficiarias directas. 

Este mediodía os representantes da entidade financeira, Gonzalo Dopazo, director, e María Eugenia Rial, subdirectora da oficina "store" de CaixaBank no Porriño fixeron a entrega simbólica ao Concello, representado pola alcaldesa Eva García e o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, nas instalacións do "EKO-MAX" da cadea de distribución "Froiz" no polígono industrial de Á Granxa. 

A alcaldesa manifestou o agradecemento do Concello á CaixaBank e "Fundación A Caixa" por que "sempre está a amosar unha disposición permanente a colaborar en este tipo de accións sociais". Gonzalo Dopazo, no nome da entidade, manifestou que "CaixaBank neste intre tan difícil para todos, prioriza a colaboración en achegas para colectivos en risco de exclusión".      

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete