Hoxe en reunión telemática o Conselleiro de Sanidade informou a alcaldía do Porriño sobre a rebaixa no ritmo de contaxios.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Hoxe en reunión telemática o Conselleiro de Sanidade informou a alcaldía do Porriño sobre a rebaixa no ritmo de contaxios.

Tódolas alcaldías dos concellos da Eoxi de Vigo mantiveron unha xuntanza telemática con Conselleiro de Sanidade

Da pandemia pola Covid na semana pasada oubo 46 contaxios, na última semana producíronse no Porriño,  33 novos contaxios, "o que indica o ritmo de infectados descende e polo tanto supón unha boa nova para este concello", valorou Eva Garcia de la Torre.

A rexedora participou este mediodía na xuntanza telemática que mantivo o conselleiro de Sanidade cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da área de Vigo en confinamento dende o pasado 7 de novembro.

A alcaldesa atribúe ese descenso "á mellora do comportamento da veciñanza no cumprimento dos protocolos anti-Covid".

A pesar dese descenso de novos casos, a cifra actual de infectados segue en 80, segundo comunicou o conselleiro Julio Garcia Comesaña que indicou á alcaldesa que tamén no Porriño se farán cribados entre sectores da poboación como se están a realizar noutros concellos da área.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete