Román González, voceiro de Podemos Mos, valora o resultado da conferencia política orgánica do pasado mes

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O pasado 15 de novembro, Podemos Galicia celebrou a súa conferencia política. Nesta, analizaron "os erros e os acertos do pasado proceso electoral autonómico" e marcouse a folla de ruta para a organización coa vista nas eleccións municipais de 2023.

 

Segundo informa o voceiro de Podemos e GañaMos, Román González, o documento aprobado na devandita conferencia xa está sendo obxecto de execución en Mos. Así, González anuncia a decisión de "darlle ao noso grupo unha identidade territorial única, sen outras marcas que difuminen todo o traballo que levamos realizado durante todo este tempo e o que seguimos a realizar".

O broucazo electoral na Galiza foi grande para Podemos, o cal obriga a "un exercicio moi importante de autocrítica" e a recompoñer desde a base, "desde os círculos", apostando porque Podemos sexa "máis forte e máis visible cos problemas reais de todo o conxunto da veciñanza". González confirma que continuará traballando "con respeto e ilusión" até o final da lexislatura para a confluencia GañaMos mais, "de cara ao futuro", entende que a súa adscripción ao partido morado debe estar clara para toda a veciñanza. 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete