A alcaldesa do Porriño, Eva García, expulsou do pleno telemático ao voceiro do PP Alejandro Lorenzo polas reiteradas interrupcións do debate

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Alejandro Lorenzo, foi reprendido e finalmente expulsado do pleno despois de interromper o debate en reiteradas ocasións e de ter advertido a alcaldesa que parase "no seu permanente boicot as palabras do resto de corporación".

A alcaldesa, Eva García expulsou ao voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo da sesión telemática que celebraba este serán a corporación local porriñesa. O edil do Partido Popular, Alejandro Lorenzo, foi reprendido e finalmente expulsado do pleno despois de interromper o debate en reiteradas ocasións e de ter advertido a alcaldesa que parase "no seu permanente boicot as palabras do resto de corporación", segundo lle dixo á rexidora.

O portavoz do PP, interrompeu á alcaldesa, ao tenente de alcalde Pedro Pereira e inclusive ao secretario municipal en máis dunha decena de interrupcións nas que foi advertido, conforme á ley, que de persistir podería ser expulsado.

O episodio aconteceu durante o debate do cuarto punto da orde do día. O PP pretendía un voto particular ou no seu defecto deixar enriba da mesa a revisión de oficio que postulaba o goberno municipal dun acordo adoptado nun pleno en agosto cúa nulidade estaba avaliada cos informes técnicos correspondentes, nomeadamente do secretario municipal.

García de la Torre advertiu por varias veces ao voceiro da oposición ao que reprendeu por interromper o debate plenario ata que finalmente a alcaldesa determinou expulsar a Alejandro Lorenzo. Cando se someteu a votación o punto, o segundo voceiro do PP, Abel Estévez repetiu que demandaban que o asunto quedase enriba da mesa. Ante a negativa da alcaldesa, en base aos criterios dos técnicos municipais, a totalidade de concelleiros e concelleiras do Partido Popular abandonaron a sesión plenaria telemática.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete